
Xa está no prelo o BNG ao Día
Fecha Lunes, 20 julio a las 09:55:54 Tema PHP-Nuke
Desde xa está disponíbel un novo número do BNG ao Día que está cargado
de entrevistas, informacións e reportaxes para que os militantes e
simpatizantes do BNG poidades estar á última das novas da nosa
formación política.
Neste número 35 pódese ler unha longa conversa con Guillerme Vázquez na
que se salienta que xa comezou o momento de actuar tras o debate da
Asamblea. Tamén fai un balanzo da Asamblea Nacional do 7 e 8 de maio e
analiza as políticas regresivas que o PP está a adoptar na Galiza desde
que accedeu á Xunta, en especial a súa virulencia contra a lingua
galega. Alude asemade á entrevista entre Feijoo e o Ministro José
Blanco que tilda de "pacto fraude".
 © 2009 BNG
Outras das entrevistadas é a Secretaria de Organización, Montse Prado,
que anima a dar unha resposta masiva o 25 de xullo. De cara o Día da
Patria, avánzanse as principais actividades do Festigal 2009 e se
presentan dúas entrevistas: unha co vocalista de Som do Galpom, Gael
Bassave, e outra con Carlos Callón, ambos participantes nas actividades
do Festigal.
Carlos Aymerich tamén é entrevistado, unha conversa na que repasa a
nova etapa no Parlamento galego e fai balanzo destes meses de Goberno
do PP. Outra das entrevistadas é Ana Miranda como recén estreada
eurodeputada do BNG. Despois podedes ler a crónica das actividades do
Parlamento do Estado, e unha reportaxe sobre o sector lácteo. Así como
os ataques do PP ao galego que se descreben noutra crónica. Finalmente,
na contracapa publícase unha entrevista á xornalista Tareixa Navaza,
que emitiu en directo a traída dos restos de Castelao no 1984.
Arquivo a descargar (DESCARGA AQUÍ O BNG AO DÍA COMPLETO)
Link: BNG Cedeira
|
|