A Xunta condiciona a unha nova orde a axuda para trasladar o curro
Fecha Sábado, 18 julio a las 15:58:34
Tema PHP-Nuke


A Consellería de Medio Rural retirou por “problemas burocráticos na docmentación presentada” unha subvención que o anterior goberno bipartito concedera ao municipio de Cedeira para trasladar o curro da Capelada. A Xunta asegura que se concederán os 26.000 euros no caso de que o Concello cmpra os requisitos esixidos.

O Concello de Cedeira anunciou a comezos de ano que este verán cambiaría a ubicación da tradicional “Rapa das Bestas”, un evento que continuará tendo lugar na Serra da Capelada pero nun recinto próximo ao actual. Os traballos están rematándose na zona do Chan do Pozón e o consistorio prevé que o recinto esté operativo nun prazo non superior a quince días. Na intervención investíronse 52.000 euros, que ían ser cofinanciados ao 50% pola Consellería de Medio Rural e o Concello. Onte mesmo, o director xeral de Montes da Xunta, Tomás Fernández Couto, informou ao alcalde de Cedeira, José Luis Vergara, da retirada dos 26.000 euros que ía aportar a Administración autonómica, aludindo a “problemas burocráticos na docmentación presentada”.

A Xunta recordou que no ano 2008 o consistorio cedeirés presentou o informe no que se recollía o traslado de ubicación do curro da Capelada. Solicitábase unha subvención pero ésta concedeuna o anterior goberno da Xunta -PSOE e BNG- atendendo a uns criterios fixados no ano 2007. A subvención aprobouse o pasado ano con cargo aos presupostos do presente exercizo, tal e como se indicou desde Medio Rural, pero o novo goberno da Xunta veuse obrigado a retirala -entre moitas outras, aseguran- ao non cmplir a nova orde. O director xeral de Montes asegurou que se o Concello cmpre coa nova normativa non hai ningún problema en concederlle eses 26.000 euros ao longo deste ano, incidindo en que é este departamento autonómico “un dos máis interesados en valorizar esa zona”.Pola súa banda, José Luis Vergara, un tanto sorprendido pola decisión incide en que, tras ser aprobada a subvención, o Concello ten uns dereitos.

Valorou o feito de que a Xunta acepte indemnizar ao consistorio cunha partida económica polo importe anteriormente concedido, eses 26.000 euros, “se se xustifican as obras en tempo e forma”. José Luis Vergara asegurou que os traballos xa deberían estar rematados a estas alturas, pero que a demora na tala e posterior retirada dunhas árbores danadas polo temporal “Klaus” está condicionando o final da intervención. O alcalde cedeirés subliñou que, ademais do curro, se habilitará na parcela un circuíto para cabalgadura galega.A parcela elexida para o curro da Capelada reúne, segundo explicou o alcalde, mellores requisitos, como a ubicación, máis próxima ao núcleo urbán e a orografía, ao ser un terreo menos accidentado. O cambio conta co respaldo da Asociación Pena Toxosa, organizadora da “Rapa das Bestas”.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=442