
Presentación do libro de Rey Ximena "O voo do IBIS"
Fecha Jueves, 16 julio a las 19:09:34 Tema PHP-Nuke
A asociación histórico-cultural The Royal Green Jackets acolleu no
museo militar a presentación de Leslie Howard, O voo do Ibis. Trátase
do libro escrito polo xerezano José Rei Ximena que indaga sobre a morte
do actor británico, derrubado en 1943, en plena II Guerra Mundial,
polas forzas aéreas alemás a duascentas millas da costa de Cedeira.
O porqué do achegamento a España do actor é o misterio que pretende desvelar Rei Ximena no seu debut como escritor.
«É unha procura na que o lector me acompaña», explicou o autor na
presentación dun libro que ten tan asumido a condición de homenaxe, que
nin sequera figura o seu nome na portada. O autor explicou que o
interese por Howard remóntase á súa infancia, xa que o seu pai, coronel
de aviación, foi testemuña da derriba. Debido a iso empezou a
investigar e deu cun elemento crave: a actriz española Conchita
Montenegro.
O Concello de Cedeira programou para este sábado, día 18, unha homenaxe
ao actor falecido na costa cedeira. ás doce do mediodía descubrirase un
monumento na súa memoria na serra da Capelada; ademais, para as seis da
tarde, está prevista unha actuación no auditorio municipal.
O autor comentou que Howard e Montenegro foron amantes nos anos trinta
e definiu á actriz como «a Ava Gadner española». «Foi a única española
da época que triunfou en Hollywood e chegou a facer 18 películas, logo
casou con Jiménez Arnau un falanxista de máxima confianza de Francisco
Franco».
A tese que manexa Rei Ximena é que Leslie Howard foi hábilmente enviado
polo goberno británico para presionar a Franco e que este non se sumase
á fronte xermano. Iso confirmoullo a propia Conchita Montenegro a quen
Rei Ximena coñeceu antes da súa morte. «Era todo un gentelmen», díxolle
sobre el cando se coñeceron.
Link: VONLine
|
|