
Homenaxe na Capelada. A quen? - Xosé Manuel Suárez.
Fecha Jueves, 16 julio a las 18:57:27 Tema Colaboradores
Se o actor L. Howard ía realmente nese avión derrubado polos
cazas xermanos fronte ás costas cedeiresas e levaba unha mensaxe de
Churchill dirixida a Franco para que permanecese neutral na II Guerra
Mundial, parece que estamos a homenaxear a posición de abandono da II
República que desde Chamberlain seguiu Gran Bretaña, o que en
definitiva significou a aceptación do réxime franquista, a pesar de ser
un aliado de Hitler e Mussolini, e favoreceu a súa pervivencia durante
case catro décadas.
Para os conservadores británicos a República
española estaba gobernada por radicais e socialdemócratas a punto de
caer nas gadoupas do bolchevismo, polo que para eles o aliado natural
era o xeneral Franco. O ditador morreu na cama, grazas en gran parte a
que EE.UU. e Gran Bretaña decidiron mantelo no poder como baluarte
anticomunista. Os que vivimos aquí sabémolo ben, inda que algúns
queiran esquecelo ante a fascinante imaxe dun actor de Hollywood.
Deberiamos
aproveitar este homenaxe a uns militares que loitaban contra o fascismo
europeo para lembrarlle ao goberno británico o abandono daquela xove
república hispana diante do avance do fascismo.
Link: Xosé Manuel Suárez.
|
|