Máis BNG
Fecha Miércoles, 15 julio a las 18:26:24
Tema PHP-Nuke


O vindeiro sábado a plataforma Máis BNG vai dar o primeiro paso de cara a conformar un novo grupo político no BNG. Carlos Aymerich, portavoz da forza frontista no Parlamento galego e membro de Máis BNG asegura que “vendo a situación na que está o nacionalismo é máis necesario que nunca que Máis BNG se organice e se dote dunha estrutura que lle permita funcionar con máis eficacia, sempre pensando no ben do BNG”.

A agrupación, que funcionaba ata o de agora como unha asemblea de militantes do Bloque, decidirá a mañá do sábado no Hotel Puerta del Camino a súa organización formal como colectivo, cun funcionamento moi similiar ao dun partido. “O que resulte ao final irémolo vendo”, di Aymerich pero o obxectivo agora “é nomear unha xestora con representación de todas as comarcas do país para poñer en marcha este proceso”.

Unha vez nomeada, esta xestora vai “dar corpo político e ideolóxico a Máis BNG e definirá unha estrutura organizativa”, segundo afirmou o nacionalista a Xornal de Galicia. O sábado participarán grupos como Inzar, ESG, PNG e Esquerda nacionalista, que “están a participar dentro do proceso e decidiremos todos xuntos os pasos a seguir”, engadiu.

No tocante ao liderazgo deste colectivo, o nacionalista falou dunha estrutura “similar á da establecida na Asemblea Nacional”, na que Teresa Táboas é coordenadora Executiva e Aymerich secretario de Acción Institucional no Parlamento Galego. 

“MENSAXE INTEGRADORA”

Aymerich considera que o nacionalismo “precisa un revulsivo”, e a súa formación vai representar “unha mensaxe integradora, con vocación maioritaria, de goberno”, como a que tiña o nacionalismo cando “prendeu na sociedade”. O secretario de Acción Institucional subliñou que Máis BNG entende o nacionalismo como “un proxecto para o conxunto do país”, que ou é maioritario ou non é”. Porén, Carlos Aymerich insistiu en que respectan “aos compañeiros que pensan que o camiño é outro e hai que reforzarse ideolóxicamente”. Pero a súa formación ten outras prioridades: “Queremos volver a ilusionar, convencer á sociedade de que o nacionalismo non é só unha opción de resistencia, senón tamén unha opción de goberno”.

Máis BNG “ten un peso importante no BNG, xa que na executiva somos sete, igual que os afíns á UPG, pero agora estruturarémonos e darémoslle corpo a isto”, afirmou Aymerich. Respecto ao reparto de forzas entre UPG,Encontro Irmandiño e Máis BNG, o nacionalista restoulle importancia porque “igual que unha partitura pode ser interpretada de diferentes maneiras, o mesmo sucede co BNG”. Aymerich non quixo plantexarse o futuro debate á candidatura da Xunta. Asegurou que no BNG traballan “para chegar nas mellores condicións ás municipais, e despois ás autonómicas. Hai que traballar por ter candidaturas dignas”.

Link: XORONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=435