Innovación e Industria impulsa a declaración de Cedeira como conce
Fecha Jueves, 19 febrero a las 23:11:39
Tema PHP-Nuke


A Consellería dirixida por Fernando Blanco (BNG) estimou favorablemente a solicitude de declaración como “municipio turístico” para o concello de Cedeira. Unha vez estimadas, Innovación e Industria remite agora as solicitudes ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva.

A Consellería valorou favorabelmente a declaración do concello de Cedeira como municipio turístico. O concello *****pre cos requisitos esixidos, como ter unha rede de sumidoiros e tratamento de augas residuais, seguridade, protección civil, puntos de información turística e medidas de protección dos espazos naturais. O concello conta con espazos naturais como a Serra da Capelada, zonas de costa e cantís; lugares que visitar como Santo André de Teixido, as mámoas de Cervo, a igrexa de Santa María do Mar ou o santuario de Santo Antonio Corveiro; festas como A Patrona, a Romaría de Santo Antonio, San Roman, o Curro da Capelada, a Festa do Percebe, a Semana do Mar ou o Samaín; e feiras e mercados. A proposta conta tamén co informe favorábel da Deputación Provincial da Coruña.

Link: XONLine





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=43