
Costa Noroeste
Fecha Lunes, 13 julio a las 18:36:01 Tema PHP-Nuke
Unha nova asociación, denominada Costa Noroeste, de solicitar e xestionar os novos proxectos e
fondos que proveñan da UE para o desenvolvemento rural. Esta nova
entidade conformarana os concellos de Ferrolterra e Ortegal e, na
práctica, suporá a desaparición de dous organismos que levan operativos
os últimos cinco anos: a Fundación Comarcal Ortegal e Costa Ártaba.
Esta entidade estará formada polos concellos de Ares, Cariño , Cedeira,
Cerdido, Ferrol, Fene, Mugardos, Narón, Ortigueira e Valdoviño, segundo
a relación de municipios que esta semana presentou o edil de Facenda de
Ferrol. Fíxoo Ramón Veloso porque a concellos da urbe naval acordaron
este martes adherirse a devandita organización. Nela tamén participarán
outras entidades como hostaleiros ou Cámara de Comercio.
Veloso anunciou tamén que unha comisión xestora formada por alcaldes e
outros organismos encargaranse da posta en marcha da nova organización.
Link: VONLine
|
|