
Accesos á Vila vella
Fecha Lunes, 13 julio a las 11:48:21 Tema Colaboradores
As obras de rehabilitación do casco antigo de Cedeira obrigan a variar
os accesos tradicionais , quedando como única alternativa posible para
os residentes o desvío polo camiño de san antonio, cruzamento de
vilacacín, as cancelas e intersección de acceso ao cemiterio.
Desde as cancelas haste o cruzamento do cemiterio, e debido á
estreiteza desta vía, cando dous vehículos coinciden nos dous sentidos,
deben arriscar a meter as rodas nas cunetas, invadidas de maleza que
non permiten adiviñar a profundidade nin os obstáculos que esconden.
 © PNCO
Sería posible que desde o concello se ordenase o desbroze e limpeza
deste tramo perigoso para a circulación de vehículos e peóns nestes
momentos en que, obrigada, soportan un tráfico intenso ?
Grazas.
 © PNCO
Link: Tono
|
|