SAÚDA do alcalde
" Queridos amigos e amigas, o exemplar que tedes nas máns é unha das moitas tradicións que encerran as tan queridas festas da Patrona. Sen pretendelo é unha peza máis dun coleccionable frecuente en moitos dos fogares de quenes levan Cedeira no corazón.
Cada libro das festas é unha viaxe polo noso pasado e polo noso presente. Por unha banda é a expresión de veciños inquedos e estudosos que comparten connosco o seu saber, e por outra importa do libro o coñecemento mesmo da nosa traxectoria, do noso ser.
Pasado o tempo, tamén os anuncios que sufragan cada un dos exemplares publicados e parte das actividades festeiras, cobran interés por ser manifestación da nosa realidade empresarial e comercial.
Cedeira, un ano máis, voltará a vivir intensamente esta semán de agosto, marcando de forma indeleble as almas da súa veciñanza e visitantes. Serán, coma sempre, festas amables que disfrutaremos compartindo o mellor que temos, a ledicia de saber que o sitio que nos tocou para vivir é moito máis ca un espazo fermoso, máis ben onde habitan persoas de bó caracter que desexan o ben de todos."
José Luis Vergara Rey
Alcalde de Cedeira

© Concello de Cedeira
Producción editorial: www.editorialmic.com - León
Link: Revista - Concello de Cedeira