
Vivir coma un deputado
Fecha Lunes, 06 julio a las 10:10:39 Tema PHP-Nuke
Como son as nóminas dos nosos representantes? Un deputado que se
dedique plenamente ás tarefas parlamentarias ingresa entre 4.500 e
4.600 euros brutos cada mes. A cantidade increméntase cun plus se son
membros dunha comisión (317 euros ao mes). A suma das retribucións
anuais brutas (arredor de 58 mil euros) aseméllase á dun secretario
xeral do Goberno.
Moito máis elevadas son as cifras anuais que
perciben os membros da Mesa do Parlamento ou os voceiros
parlamentarios. Así, incluindo gastos de representación e libre
disposición, a presidenta do Parlamento sobrepasa os 9.300 euros
mensuais brutos; os vicepresidentes, secretarios e vicesecretarios da
Mesa perciben 8 mil euros brutos cada mes; e os voceiros dos grupos un
mínimo de 5.400.
Mais hai deputados que prefiren renunciar á dedicación exclusiva para
poder compaxinar o labor parlamentario coa súa actividade profesional,
que lles resulta máis rendíbel. No Parlamento de Galiza hai tres
deputados, todos do PPdeG, que renunciaron á dedicación exclusiva para
poder ter ingresos por outras actividades privadas: Xaime Castiñeira
(avogado); Dámaso López; (médico) e Xesús Goldar (xestor
administrativo). A cifra contrasta coas que se dan no Congreso. Na
cámara española só o 10% piden a dedicación exclusiva.
Disciplina de partido O
BNG é a única das tres formacións con presenza no Parlamento que lle
exixe aos seus deputados que teñan dedicación exclusiva e prohibe
expresamente manter paralelamente actividades privadas ou cargos
noutras institucións.
Os socialistas tamén avogan pola
dedicación plena dos parlamentarios. Porén, hai deputadas como é o caso
de Beatriz Sestayo que tamén é concelleira en Ferrol. Segundo recolle
Europa Press, dentro do PSdeG sinalan que é preciso predicar co exemplo
e cmprir coa máxima de “unha persoa, un cargo”, algo que os
socialistas até o de agora non lograron.
A postura do PPdeG é
diferente xa que consideran que é bo combinar a actividade local coa
parlamentaria. No caso de combinar negocios privados coa representación
parlamentaria, os conservadores só exixen cmpran “coas súas obrigas”.
Link: VIONLine
|
|