
A Xunta habilita un millón de euros de axuda
Fecha Domingo, 05 julio a las 19:16:48 Tema PHP-Nuke
A Xunta de Galicia porá en marcha esta semana unha liña de axudas
para os autónomos destinada á compra de ordenadores persoais nos que se
instalarán ferramentas informáticas de software libre para fomentar o
seu uso entre os beneficiarios. Deste xeito, e coa publicación no DOG
de mañá da lista definitiva das entidades colaboradoras coa Consellería
de Economía e Industria, o martes darase por aberto o proceso para que
os traballadores poidan solicitar estas achegas encamiñadas a facilitar
o acceso dos empresarios á Sociedade da Información. As axudas para este ano contan cun orzamento aproximado de 1 millón
de euros, por enriba dos 660.00 que se destinaron a esta mesma liña no
2008. A contía das achegas alcanzará ata o 45% da base impoñible do
custo do ordenador ata un máximo de 350 euros, e está previsto que
beneficien a uns 4.000 traballadores autónomos, casi o dobre dos que se
acolleron a estas axudas o ano pasado. Toda a información sobre estas axudas está na web www.xunta.es/cei/pcautonomos.
Os beneficiarios tramitarán todas as solicitudes de axuda
exclusivamente a través das tendas que teñan sido admitidas como
entidades colaboradoras, e o traballador obterá ao instante o desconto
na factura do ordenador que compre, posto que a Consellería de Economía
e Industria reintegrará despois eses cartos á entidade colaboradora. O
proceso de autorización das achegas é inmediato gracias a unha
aplicación web que conecta aos puntos de venda coa Xunta de Galicia. O
proceso está baseado na firma electrónica e aproveita todas as opcións
legais de simplificación.
Os traballadores que queiran optar a esta liña de axudas terán que
estar dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da
Seguridade Social, con domicilio e alta fiscal no IAE para a súa
actividade económica en Galicia. Ademais, debe acudir á entidade
colaboradora co seu DNI e o recibo mensual do último pago á Seguridade
Social (TC1). No caso de que no DNI non figure domicilio en Galicia
poderá aportar certificado de domicilio fiscal da Axencia Tributaria.
Nestas axudas non está incluído o comercio retallista.
Esta liña de axudas, que promoveu a Consellería de Economía e
Industria e xestionará a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación
tecnolóxica, foron tramitadas a través de procesos telemáticos coas
máis de 100 entidades colaboradores, que empregaron a sinatura
electrónica para formalizar o convenio de colaboración sen necesidade
de empregar papel nin de desprazarse ata Santiago.
Toda a información
sobre estas axudas está na web www.xunta.es/cei/pcautonomos. Link: XONLine
|
|