
O compromiso das vodas celtas
Fecha Domingo, 05 julio a las 18:55:45 Tema PHP-Nuke
As parellas que o vindeiro 29 de agosto
queira dar o “si, quero” polo rito celta ou ben renovar os seus votos
deben de saber que as vodas do Lugnasad de Cedeira estarán baseadas en
tres principios fundamentais. O primeiro é o da liberdade e o respeto
mútuo entre os xéneros, quedando deste xeito declarada a igualdade de
dereitos dos dous namorados.
Por outra banda, segundo explica o
druida Manuel Aneiros, trátase tamén da festa da fertifidade, onde a
parella se xunta para que da súa unión xurda o xerme da vida.
Relacionados directamente con este punto están os baños das nove ondas
e o rito da queimada. O lume representa ó home e o augardente á muller,
dando a entender que desta unión xurde a poción máxica: a queimada, que
beberán os dous. Por último, a relación que ten Lanzarote do Lago con
Cedeira e os seus misteriosos amores con Ginebra nas lendas artúricas
tamén estará moi presente no ritual.O compromiso do Lugnasad dura un
ano, debendo renovar o amor ó ano seguinte durante a festa de Beltaine
(outro evento celta) ou no próximo Lugnasad.
As parellas interesadas en casarse polo
rito celta deben de reservar a súa plaza a través de
galiciamagica@galiciamagica.com. Pódese recibir máis información en
www.galiciamagica.com.
Link: DFONLine
|
|