Festa Celta do Lugnasad
Fecha Domingo, 05 julio a las 18:53:19
Tema PHP-Nuke


O Lugnasad era unha das celebracións máis importantes do calendario celta. Había xogos, música, comida, bebida, transacións de gando e actividades comerciais pero, sen lugar a dúbidas, unha das principais actividades que tiña lugar durante a celebración desta festa eran as vodas, onde os homes e mulleres comprometían o seu amor durante un ano e un día.


© 2009 - Diario de Ferrol

O Lugnasad é unha festa de marcado carácter histórico que desde hai uns anos éstase a recuperar en diferentes concellos de Galicia. Cedeira será desde este verán un deles. Durante a última fin de semana de agosto, a vila enteira retrocederá varios séculos no tempo para meterse de cheo na celebración da I Festa do Lugnasad, un evento no que participan o Concello, diferentes asociacións, veciños e comerciantes de todo o municipio. De feito, onte o concelleiro de Turismo, Alfredo del Río López, acompañado de Manuel Aneiros Loureiro (impulsor e organizador do evento) presentaron o programa desta celebración que promete reunir na praia da Magdalena a centos de persoas dispostas a revivir a experiencia celta. Ademais, tal e como avanzaron desde a organización, todas as persoas que desexen casarse polo rito celta ou renovar os seus votos tamén poderán facelo na medianoite do 29 de agosto.


O obxectivo desta primeira edición é o de vincular todas as actividades que antigamente se desenvolvían durante o Lugnasad cos costumes, tradicións e cultura de Cedeira. Así, segundo explicou Manuel Aneiros “non sabemos como eran os ritos de voda que facían os celtas, como tampouco sabemos como era a música que tocaban; máis hoxe en día hai moitos músicos que fan a chamada ‘música celta’ e fano moi ben. Pero si sabemos dalgunhas tradicións de Galicia e Cedeira relacionadas cos amores, as augas e o mar”. Neste senso referíase o rito “das nove ondas” que se fai nos baixos de San Andrés, a tradición da queimada, ou a historia de amor entre Lanzarote do Lago e Ginebra nas lendas artúricas. Por todo elo, confían no éxito desta primeira celebración e na implicación da maioría dos veciños do municipio na festa. Ademais, convídase ós rapaces a crear o seu propio “clan celta” -con damas, cabaleiros, artesáns, druidas, guerreiros,...- e en pandillas construir a súa propia cabana ou palloza na zona de praia para pasar o día do Lugnasad nela. Haberá un premio para o clan que mellor represente o sentir da época. As persoas interesadas en participar neste concurso deberán inscribirse na oficiña de turismo de Cedeira ou ben chamando ó 981 48 21 87. Desde a organización do evento pídese tamén a todos os veciños que se impliquen na festa acudindo o día da súa celebración, o 29 de agosto, vestidos de época para deste xeito crear un ambiente máis real na vila. Pensando nelo desenvolveuse un amplo programa de actividades que inclúe desde xogos infantis, ata pasarrúas, música, bailes, ou gastronomía da época. De feito, a Confraría de Pescadores de Cedeira asará sardiñas e xurelos e desde o Asador Reboredo e a Sociedade de Caza e Pesca colabórase co asado de porco e xabarín. Por último o Forno de Gonzalo achegará doces típicos de Cedeira. O apartado musical correrá por conta de varias agrupacións da vila. As súas actuacións comezarán arredor das sete da tarde na zona da praia. Participan a Banda de Gaitas Robaleira, o grupo Asoaxe e tamén Buxainas.
Link: DFONline






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=415