
CALENDARIO LABORAL DE GALICIA PARA O ANO 2010
Fecha Jueves, 02 julio a las 18:38:20 Tema PHP-Nuke
O Consello da Xunta aprobou o calendario laboral, presentado pola Consellería de Traballo e Benestar, que rexerá o vindeiro ano 2010 na comunidade galega. A axenda recolle as festas nacionais e autonómicas, en total 12 días que se consideran festivos laborables é dicir, de carácter retribuído e non recuperables.
Deste xeito, no próximo ano 2010 serán festa na nosa comunidade os seguintes días:
1 de xaneiro Aninovo 6 de xaneiro Día de Reis 19 de marzo San Xosé 1 de abril Xoves Santo 2 de abril Venres Santo 1 de maio Festa do Traballo 17 de maio Día das Letras Galegas 12 de outubro Día da Hispanidade 1 de novembro Todos os Santos 6 de decembro Día da Constitución 8 de decembro A Inmaculada 25 de decembro Nadal
No ano 2010 os festivos 25 de xullo, Día de Galicia, e o 15 de agosto, a Asunción, ao coincidir en domingo, substitúense polos días 19 de marzo e 17 de maio, San Xosé e Letras Galegas, respectivamente. A estes días haberá que sumar os festivos locais que dependerán, en cada caso, do municipio correspondente.
Link: XONLine
|
|