
O Concello pide permiso a Medio Ambiente para verter no río Mestas
Fecha Jueves, 02 julio a las 09:33:47 Tema PHP-Nuke
O Concello de Cedeira tramita a autorización de Medio Ambiente de face
á entrada en funcionamento do saneamento que, con cargo a un plan da
Deputación, beneficiará a 500 veciños de San Román e podería estar
operativo no ano 2011. A realización da obra implica un investimento de
531.000 euros e, con cargo á mesma, financiarase a rede de tubaxes e a
construción dunha planta depuradora na que se tratará un caudal de
164.250 metros cúbicos ao ano. Esta cantidade, polo menos, é a que
figura na solicitude presentada polo consistorio para ter a preceptiva
autorización administrativa de face a verter as augas residuais xa
saneadas no río Mestas, que está na enseada de Esteiro. A participación
económica do Concello deu lugar á compra do chan. O goberno municipal
fixou para o ano 2015 o saneamento de toda a zona rural.
Link: DFONLine
|
|