BNG CEDEIRA - Informa
Fecha Miércoles, 01 julio a las 22:22:17
Tema PHP-Nuke


O BNG informa :
           Hoxe, día 1 de xullo, asinouse na Deputación de A Coruña a concesión dunha subvención de aproximadamente 200.000 euros para a mellora da área recreativa do Toxo na Serra da Capelada. O proxecto solicitado pola nosa concellería de Turismo pretende continuar os traballos emprendidos polo  anterior goberno municipal do BNG e suporá un importante impulso para o turismo medioambiental de Cedeira.
 
            O Consello Local do BNG de Cedeira felicita a Mª Xosé Rodríguez Pérez pola súa recente incorporación ao CONSELLO NACIONAL do BNG que se constituirá en Compostela o vindeiro sábado 4 de xullo.  Este feito é moi gratificante para todo o BNG  de Cedeira xa que por primeira vez un membro da nosa asamblea local  está presente no órgano máximo de dirección do BNG.


Link: BNG Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=411