Nomeamento de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuari
Fecha Martes, 30 junio a las 12:10:39
Tema PHP-Nuke


Orde do 23 de xuño de 2009 pola que se dispón o nomeamento de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio.


O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.


Conforme o previsto no artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no consello de administración polo que, ao abeiro do disposto no artigo 40 da Lei 27/1992, e en canto órgano competente,


DISPOÑO:

O nomeamento como vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, e en representación da Xunta de Galicia, dos seguintes:


Leopoldo Rubido Ramonde.


Pablo Ramón Fernández Asensio.

Diego Calvo Pouso.

Raquel Arias Rodríguez.

César Aja Mariño.

Juan Blanco Rouco.

Ethel Vázquez Mourelle.

Sagrario Pérez Castellanos.

Rocío Mosquera Álvarez.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2009.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar

Link: DOGONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=409