Protección Civil, desconforme ante a contratación dun Grumir na vi
Fecha Martes, 30 junio a las 10:42:06
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira disporá este verán dun Grupo Rural de Intervención Rápida (Grumir), despois de varios anos solicitando este servizo. A cuadrilla estará integrada por tres persoas e operará durante seis meses. A selección do persoal, tal e como explicou o alcalde da vila cedeirense, José Luís Vergara, corresponde ao Inem, xa que para formar o retén contrataranse tres parados.

Desde a agrupación local de Protección Civil manifestaron a súa desconformidade ante o proceso de contratación pois entenden que estas persoas non disponden de "ningunha formación". A este respecto, desde o goberno local lémbrase que a selección previa faia o Instituto Nacional de Emprego, desde onde se valora a cualificación e formación das persoas seleccionadas. Tamén se queixan de que os vehículos -un todoterreo e unha motobomba- que no seu día lles foron entregados, agora usaranos os integrantes do Grumir. Desde o goberno local apélase ao sentido común e á colaboración e lémbrase que as dotacións existentes son públicas.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=406