Fernando - Por Vicente Araguas
Fecha Viernes, 26 junio a las 10:43:15
Tema PHP-Nuke


"Hai xente, vitalista como unha fervenza, benhumorada cal o riso prudente que se nutre de libros e músicas, xenerosa porque levan bandeira liberal, que semellan inmunes a toda doenza, a calquera mal. Ese que, aínda así, agarda traizoeiro nos recantos das prazas, nas rúas da vida, longas como un corpo longo, agardando que te poñas a tiro. Para chantar a navallada ruín.

Meu amigo Fernando, dos máis grandes que levo recollido nos últimos vinte anos, sendo eu xa un home feito, e sen a amplitude de miras (tamén a inconsciencia) con que enches a boca coa palabra amizade cando es un rapazolo, anda un pouco perxudicado. Entrou, de súpeto, no dique seco. Recalou para ver que lle mirasen certa doenza, cago en Guillain, cago en Barre, que nos ten aos seus amigos ben preocupados. Non por nada, a cousa ten solución doada, senón porque no interín (somos forriches do trato de Bores) andamos moi orfos do talante fundamental (con alicerces, con fundamentos) deste home.

Boa xente, ilustrado, dinamizador cultural e, segundo as señoras, guapeteiro, con ese ollos azuis de sete estalos. Diante semellante panorama o noso amigo non poderá permitirse máis que unha estadía cativa no dique seco.

Onde está con el, como non podía ser menos, a estupenda Gyongyi. Espléndida maxiar, aínda nova, a quen Fernando ama con sentimento e forza. Para os dous o meu cariño incombustible. Ao que se vencella miña nai cos seus pregos. Que seguro que axudan."

Vicente Araguas


Fernando Bores e Vicente Araguas - Agolada ( Pontevedra)



Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=395