Grumir
Fecha Martes, 23 junio a las 09:34:54
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira disporá durante os próximos seis meses dunha patrulla do Grumir (Grupo Municipal de Intervención Rápida). Integrarana tres persoas e estará lista para traballar en apenas dez días, segundo detalla o alcalde da localidade, José Luis Vergara.

Trátase dunha agrupación «solicitada polo Concello desde fai tempo», asegura o rexedor, «pois o pasado ano estivemos a piques de conseguir unha patrulla de cinco persoas durante nove meses, pero finalmente non obtivemos nada». Este ano serán tres persoas, «moi necesarias nun concello como Cedeira no que temos moito monte», explica.

E é que o seu labor será «a de previr os incendios e librar os camiños aínda arrasados pola caída de árbores tras o Klaus». E é que, asegura, «Cedeira aínda sofre as consecuencias do temporal de xaneiro». Neste sentido, recorda que durante este fin de semana caéronse ata catro árbores en pleno paseo marítimo con motivo dos ventos rexistrados a noite do sábado.

Necesita unha ducia

Aínda que agradece á Consellería de Presidencia o Grumir, Vergara estima que tres persoas «son poucas». Asegura que o Concello de Cedeira «necesitaría polo menos unha ducia tendo en conta, ademais, que Ortigueira dispón dunha agrupación moito máis potente» con 15 efectivos, dos que tres son estables e o resto son temporais. Recorda que a contratación destas tres persoas nutrirase do paro e terán á súa disposición a motobomba da que dispón o Concello e un vehículo todoterreo, segundo indica José Luis Vergara.

O novo Grumir chega pouco despois de que o Concello de Cedeira fixese público que xa dispón dun Plan de Urxencia Municipal, un docmento impulsado pola administración local e redactado por unha ducia de veciños da vila con coñecementos en materia de seguridade. Así, colaboraron no plan profesionais do Corpo de Bombeiros, Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e técnicos en prevención de riscos laborais. Para pór en práctica o docmento, o Concello cedeirense ten previsto celebrar nos próximos meses un simulacro.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=385