Campo de fútbol de herba artificial
Fecha Martes, 23 junio a las 09:26:05
Tema PHP-Nuke


As obras de construción do novo campo de fútbol de herba artificial de Cedeira están moi adiantadas, segundo confirmou a este diario o edil de Deportes do Concello, Xermán Tobío. Así, se os obreiros seguen cmprindo os prazos establecidos como até agora se espera que a próxima semana dean comezo os traballos para colocar a herba artificial no que será o terreo de xogo do recinto deportivo.

Unha vez que unha máquina acondicionou toda a superficie do terreo, a semana pasada procedeuse a acometer o peche de gabias, e estes días trabállase nas canalizacións e os sumidoiros, segundo explicaron o concelleiro da área e o alcalde, José Luís Vergara.

Segundo as previsións da Concellaría de Deportes, colocar o céspede artificial no campo suporá vinte días máis de traballo, co que a finais do mes de xullo xa podería estar concluída esta intervención.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=383