Festas volcadas na rúa
Fecha Domingo, 21 junio a las 23:55:02
Tema PHP-Nuke


Unha comisión de festas integrada por varios empresarios da localidade está a ultimar o programa das festas de Cedeira. Perfilan unha celebración con moitas propostas de rúa, orquestras de calidade e os concertos de M-Clan, Los Limones con Javier Urquijo ou un revival de Abba.



A actuación do grupo M-Clan, o 15 de agosto, será o prato forte das festas coas que Cedeira honra á súa patroa. Ese mesmo día poderase tamén gozar dun espectáculo pirotécnico e da actuación da orquestra Os Satélites. Pero a comisión de festas garda máis sorpresas porque xa nas celebracións na honra de Santa Ana, en xullo, haberá música pop de primeiro nivel. O día 24 resérvase o escenario para que se expresen os inquedos grupos de música da localidade e o 25 de xullo darán un concerto Los Limones e Javier Urquijo (ex- de Los Secretos).
As festas de agosto comezarán o día 13 e desenvolveranse ata o 17 de agosto. O pregón será o día 14 e correrá por conta do xornalista Germán Castro Tomé, director de Diario de Ferrol.

A idea dos organizadores é a de recuperar un ambiente tradicional, coa xente gozando da celebración na rúa. Por iso están a deseñar un programa cheo de fanfarrias que tocarán durante toda a noite, pasarrúas (un deles a cargo dunha formación brasileña) e animación ó aire libre.

Entre tódalas atraccións musicais, contarán cun grupo de jazz e tamén cunha “big band” composta por 18 intérpretes. Orquestras como Ritmo Joven, América S.L., Trobadores ou a xa citada Os Satélites ofrecerán os seus repertorios, actualizados cos últimos éxitos, para os máis clásicos pero tamén para os novos.


Poderío sueco > Outra das grandes atraccións das festas cedeiresas será a presentación do grupo Abba Revival. Trátase dunha formación londinense que, igual que ocorre con outras bandas convertidas en fenómenos de fans, interpretan o repertorio dos seus artistas favoritos tan exactamente ó orixinal -incluso na escenografía e vestiario- que parecerá estar vendo ás dúas parellas suecas en carne e óso.

Link: DFONline







Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=379