Zona vella de Cedeira
Fecha Domingo, 21 junio a las 23:50:26
Tema PHP-Nuke


A pasada semana comezaron os traballos para rehabilitar a zona vella de Cedeira, unha intervención ambiciosa que arrinca co único inconveniente de que coincidirá no tempo coa tempada estival, momento en que a vila recibe un importante volume de turistas. Os veciños, mentres tanto, tómanllo con filosofía e moita paciencia.


Sen dúbida, a intervención máis ambiciosa do goberno local cedeirense durante este mandato é a rehabilitación da zona vella da vila, unha obra "vital e moi necesaria da que non se podía seguir prescindindo" , tal e como puxo de manifesto o rexedor local, José Luís Vergara, quen tamén explicou que nunca se acometeu de non ser pola precaria situación da rede de sumidoiros.


Os traballos desta gran intervención, que abarcará 3.200 m2 de superficie -máis de 800 metros lineais-, comezaron fai menos de dez días e acometeranse con cargo á práctica totalidade -un 85%- dos fondos anticrisis do Goberno de Zapatero, un investimento de case un millón de euros. Esta faraónica obra ten varias frontes abertas, xa que se acometerán conxuntamente algúns traballos: a separación de pluviais e fecais -na que xa traballa Augas de Galicia-, substituíndose os vellos canos de formigón, moi tupidas e con filtracións, por unhas de fibra; a instalación de fibra óptica; ocultar liñas de media e baixa tensión, que afean moito as rúas -como se aprecia nas fotos- e a renovación das tubaxes da auga potable, na súa maioría de chumbo, como mostra o alcalde nunha das imaxes. Así mesmo, ofrécese a posibilidade ás familias que teñan traídas privadas de que renoven esas vellas instalacións, algunha delas dos anos 20. Ao mesmo tempo acometerase a preinstalación para o gas cidade, á espera de que Industria dea o visto e prace para a súa subministración. A obra tamén comprende a substitución do pavimento do casco antigo por ferros de granito.

En canto ao cambio das tubaxes de augas pluviais e fecais, a liña xeral, que discorre polas rúas Ezequiel López e do Mariñeiro, xa está practicamente finalizada e faltan as acometidas individuais, tal e como destacou o xefe de obra de Augas de Galicia. Tras a intervención, o cano de fecais irá directamente á EDAR, en lugar de verter ao mar como até agora.

O traballo de substitución destas canalizacións está a facerse bastante rápido, xa que tras a retirada dos vellos tubos colócanse inmediatamente os novos, que se ensamblan a través dun sistema de ventosas que se selan grazas á presión que exerce unha das retroescavadoras que executan os traballos.

Ao acometer a obra con fondos do FEIL o Concello está obrigado a executar os traballos de inmediato, xa que o Goberno esixe concluír os traballos antes de fin de ano.

Se os prazos de cmpren a zona vella de Cedeira aparentará moitos anos menos en novembro. Talvez entón o centenar de vivendas que permanecen pechadas poidan resultar apeticibles para futuros inquilinos.

Link: DFONLine





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=378