Arranca o plan de loita contra o furtivismo na Coruña
Fecha Sábado, 20 junio a las 00:49:52
Tema PHP-Nuke


A consellería do Mar vai implantando pouco a pouco o plan de loita contra o furtivismo en toda a costa galega. Despois de que quedase activado a semana pasada en Muxía, hoxe arranxou na zona de A Coruña entre Ferrol e Caión. Trátase dun conxunto de medidas para acabar co marisqueo ilegal, sobre todo en bancos percebeiros, nas que Xunta e afectados coordinan os medios humanos e materias e traballan unidos, da man.
O Director Xeral de ordenación e Xestión de Recursos mariños, Pablo Fernández Asensio, reuniuse hoxe cos patróns maiores das confrarías Presidentes das Agrupacións Percebeiras de A Coruña, Caión e Ferrol. Ó encontro, que tivo lugar na delegación Territorial da xunta en A Coruña, tamén asistiron o Inspector da Policía Autonómica adscrito á área de A Coruña Diego García e o Xefe da unidade Operativa do Servicio de Guardacostas de A Coruña, Diego Chans.



O verán é unha época clave para a venta e é tradicional o reponte de esta práctica ilegal por iso dende a Consellería intensificaranse os controis por aire, mar, con patrullas ás que se incorporarán efectivos da Policía Autonómica, e por terra con máis inspeccións pesqueiras, non só nas zonas de extracción senón tamén na cadea de comercialización.

Dende que se coñeceu o ataque ás propiedades dos representantes dos percebeiros en Corme, a Consellería do Mar priorizou esta zona, unha das máis afectadas polo furtivismo. Por iso, tras distribuír a costa galega en cinco zonas, o plan arranxou o pasado 11 de xuño na área que comprende dende Malpica a Fisterra e o dispositivo xa opera nesa zona.

A Coruña foi a seguinte zona e Lugo será a terceira área en ter un dispositivo especial vixiando a súa costa dende finais de xuño. Na primeira semana de xullo o plan activarase na zona de Ribeira e na segunda semana do mesmo mes no resto das Rías Baixas. Así a mediados do mes que vén, o plan de loita contra o furtivismo estará activado en toda Galicia.

Link: XONLine







Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=373