A TEGA de Tobío
Fecha Viernes, 19 junio a las 18:07:01
Tema PHP-Nuke


( Publicado no Diario de Ferrol , sección Buzón del Lector )

Por MIGUEL ÁNGEL PÉREZ QUINTELA

Abraiados. No nome do 98,72% felicitamos ó comité de TEGA de Valdoviño por poñer a cada quen no sitio que lle corresponde e nos preguntamos -leídos sendos escritos, o da TEGA de Tobío e o da cúpula nacional (según eles)- sobre" as decisións tomadas a raíz da presentación dunha moción en tódolos Concellos sobre o uso do noso idioma na Administración, nos colexios, na rúa, nas familias e non damos creto ó que lemos.Por eso, porque representamos a casi o cen por cento dos cargos electos, afiliados e simpatizantes da verdadeira formación na que o señor Tobío de Cedeira se autonomeu secretario xeral sin enteramos, parécenos unha cara dura máis que un edil serio -aínda que sumiso a outras formacións cuxas ordes deben permitirllo, despois de ser despoxado dalgún cargo, dispoña de 6.000 euros privando aos rapaces e rapazas, nenos e nenas do seu pobo de actividaes culturais e dándollos a outros Concellos dende a súa TEGA (según a prensa).




Por outra banda, o señor Padín reafirmase en querer expedientar aos cargos electos e que máis votantes aportan, ante a negativa dos Concellos de Valdoviño e Neda, gobernados pala verdadeira TEGA, que se negaban, como a maioría dos galegos, a que o antigo bipartito galego nos impoña o
idioma que xa falamos e no que nos gusta que os nosos fillos e netos aprendan e falen con líberdade. Miren vostedes e lean un dos párrafos dos estatutos de TEGA, comandada todavía, ata que a
Xusticia se pronuncie, polo alcalde Xoán Gato como verdadeiro secretario xeral. Digo ben, o alcalde, sin "ex".

Vostede, señor Tobío, non ten credibilidade en Cedeira, e menos en Galicia. Vostede e máis eu ben sabemos o porqué. Lea ben a TEGA aprobada no primeiro congreso e para que o sepan tódolos galegos ata o momento con un único secretario xeral, e é a que di que se trata dunha "forza nacionalista, de centro, liberal, municipalista e europeista adicada a formentar a nosa cultura e a .nosa lingua como patrimonio histórico que nos identifica como pobo". ¿Entendeuno, señor Tobío? Por favor, déixese de meneallo.

Atenda á Xusticia e báixese do sillón que nunca tivo, porque con dez votos ninguén !le da creto como responsable, porque o Gato aínda está no te!lado, por .iso dende eiquí, dende un pensamento moi lonxano ó que vostede di representar, fagoo en galego. Aínda que de pai de "Pucela", sendo nacido en Terra Chá, miña nai, meus avós, ensináronme en plena dictadura a lingua que vostede e outros nos queren impoñer, agora,mediante plenos exquisitamente
ben pagados.
 
MIGUEL ÁNGEL PÉREZ QUINTELA

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=371