Xoán Gato explicou o programa de Terra Galega
Fecha Martes, 17 febrero a las 16:59:27
Tema PHP-Nuke


Xoán Gato, candidato de Terra Galega á presidencia da Xunta de Galicia, acudiu a Cedeira para explicar, ante un centenar de veciños, o programa que o seu partido leva por bandeira de cara aos próximos comicios autonómicos do 1 de marzo.

Gato volveu a mostrar a súa confianza en que tras a cita coas urnas a súa formación acade uns resultados históricos: “Creo que Terra Galega terá dous deputados pola provincia de A Coruña e un pola de Lugo. E, polo tanto, poderemos ser a chave do próximo goberno galego”.


© 2009 - Terra Galega


¿Que suporía –segundo-- Gato esta situación? Pois que Terra Galega podería ter a capacidade de determinar a liña de actuación do próximo executivo galego e obrigar ao partido que pretenda gobernar có apoio de TEGA a *****prir unha serie de principios: “O primeiro sería esixir un presuposto ríxido e austero. Acabouse tirar os cartos polo vertedoiro e en luxos innecesarios”. Gato afirmou que este diñeiro, o líder de TEGA estima que a cantidade aforrada podería chegar aos 600 millóns de euros, tería que ser destinado a políticas sociais e de creación de emprego. “Só con que se aplicase a Lei de Dependencia e se comezase a coidar dos 40.000 mil dependentes galegos, serían miles os postos de traballo que se poderían crear”.

Un segundo punto no que incidiría a política de Terra Galega sería “acabar coa rede de caciquismo e amiguismo que hai en Galicia”. Esta denuncia ven sendo repetida acto tras acto, mitin tras mitin, por Xoán Gato durante toda a campaña. A razón, asegura o candidato nacionalista, é a desilusión que, especialmente nesta cuestión, supuxo o bipartito durante a última lexislatura: “Fraga inventou esta rede, pero o BNG e o PSOE lograr multiplicala por tres. Moitos galegos tiñamos a esperanza de que un goberno progresista acabase con esta forma de facer política, pero non foi así. Todo o contrario”. E para exemplificar esta idea asegurou que “cada vez que chega un conselleiro a un pobo parece que chega Papa Noel. Mentres tanto non hai un proxecto de saneamento para Galicia, non hai centros de saúde... só subvencións e amiguismo”.

Link: Terra Galega






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=37