O Concello adhírese a un proxecto sobre aforro enerxético
Fecha Jueves, 18 junio a las 12:25:20
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira aprobou a súa adhesión a un programa piloto das facultades de Física e Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela que se basea na avaliación e aplicación das enerxías renovables que redundará nunha mellor xestión de residuos.

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o pasado 26 de maio acordou, por unanimidade de todos os seus membros, a adhesión do Concello de Cedeira a un programa piloto impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través das facultades de Física e Ciencias Económicas, denominado "Rede iberoamericana de abastecemento enerxético e xestión integral de xestión sostible en poboacións dispersas". Un traballo que será presentado á convocatoria deste ano do Programa Iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento (Cyted), dentro dun apartado dedicado ás solucións innovadoras de sistemas de enerxías renovables para cubrir demandas en zonas illadas.

Este proxecto de investigación, segundo ponse de manifesto desde o goberno local, baséase na avaliación da posta en marcha dun sistema, denominado "Distric Heating", en función da situación específica dos lugares susceptibles de aplicación.

En definitiva, con este programa preténdese aproveitar a xeración natural de residuos e as enerxías renovables para conseguir un sistema enerxético eficiente para o goce dunha comunidade, destacando o beneficio socioeconómico que resultaría da aplicación do mesmo, segundo pon de manifesto desde a USC.

O alcalde de Cedeira, o socialista José Luís Vergara, destacaba a importancia de participar nunha iniciativa como esta, que permitirá solucionar problemas de xestión de residuos, ambientais e enerxéticos, que redundarían nun beneficio social e de redución de custos.


Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=365