Alcaldía de Cedeira -RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE CONTRA A REHABILITACI&O
Fecha Martes, 16 junio a las 15:43:56
Tema PHP-Nuke


RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE
 CONTRA
A REHABILITACIÓN DO CASCO ANTIGUO

Por José Luis Vergara Rey, Alcalde de Cedeira





"Na pasada sesión ordinaria do Pleno da Corporación, o Sr. Rubido amosou a súa preferencia pola construcción dunha residencia da terceira idade frente á rehabilitación do casco antiguo. Para el a ubicación sería o Palacete. A carencia de dotación (pesoal asistencial, de limpeza, médicos, enfermería, etc.) xa se resolvería no futuro.
Eu sei que o tema da residencia é unha disculpa. El sempre pensou que a residencia non facía falla porque aos maiores debían atendelos os fillos. Ao Sr. Rubido o que lle molesta é que estamos a concretar unha idea de Cedeira que vai máis alá do que el nunca pensou. Criase o adalid da estética e ve como este Goberno o sobrepasa acompañando a beleza coas infraestructuras, deixando en cursilería moitas das actuacións por el protagonizadas, amosando que hai outras formas de facer as cousas.
Afortunadamente, non terá oportunidade de estragar o Palacete máis do que xa o fixo no pasado, quitándolle as vidreiras e os remates de pedra de toelo, para colocalos na casa de cartón pedra que construeu para albergar ao Concello. Non sei onde están as maravillosas escaleiras que constituían o valor máis salientable do Palacete, pero alí xa non están. No pasado destrueuse a Rectoral, a casa do médico D. Nicolás, deu licencia para derrubar o convento, arrasou as fábricas de conservas e agora pretende transformar nun pastiche o Palacete co subterfuxio de facer unha residencia que nunca quixo.
Non caerá esa breva. Rehabilitaremos o casco antiguo por moito que lles pese aos de antes e conseguiremos devolverlle a vida que tivo no pasado, e veremos cómo os nenos volven a xogar nas súas rúas e os maiores non sufren por pisar un pavimento que Patrimonio impediría que colocásemos hoxe.
Dito queda, se en trinta anos non se fixo absolutamente nada por construir unha residencia de maiores, todo o que agora se diga carece de credibilidade. Pero non quero deixar pasar a proposta de "facer unha residencia ainda que careza de dotación". Efectivamente esta maneira de facer non nos pilla de novo aos que temos certa idade. Coñecemos dun matadeiro que nunca funcionou ou o mercado municipal que endexamais estivo ocupado. Esgrime como principal aportación a remodelación da Escola de Piñeiro para facer un centro de Formación Profesional. Hoxe non me cabe ningunha dúbida que aquela iniciativa foi impulsada para darlle traballo ao "Jefe del Movimiento" e algúns amiguetes máis como expresión de clientelismos que tanto mal levan feito a esta terra.
UNHA APERTA"

Link: BLOG Alcaldía de Cedeira © 2009






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=362