Casa de GALICIA en Madrid - Programación
Fecha Martes, 16 junio a las 15:34:55
Tema PHP-Nuke


Recital dos poetas María Lado e Luis Eduardo Aute

Este recital forma parte do Ciclo "Estacións Poéticas-biloxías" titutalo nesta ocasión 'Da primavera adeus'

O mércores 17 de xuño, ás 20:00 horas, María Lado e Luis Eduardo Aute ofrecerán un recital poético en galego e castelán respectivamente. O acto será presentado polo crítico literario Vicente Araguas.


Casa de Galicia en Madrid


MARÍA LADO
Licenciada en Filoloxía Galega, María Lado dedícase profesionalmente ao teatro. Dende os seus inicios vinculouse ao Batallón Literario da Costa da Morte e así os seus primeiros poemas figuran nos libros editados por este grupo: Nós (1997), O entrelazo das palabras (1999) e Narradoras (2000), neste último dando a coñecer a súa faceta de prosista.Ademais de en numerosas revistas literarias (como Alquimia, Dorna o Bravú) podemos encontrar poemas de María Lado nas antoloxías dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 (1999) e A península de Babel (Revista Comentário, Lisboa, 2001). O seu primeiro volume individual, A primeira visión, data de 1997 e nel destaca un discurso centrado na presenza do cotián e das couss máis pequenas que adquiren unha nova dimensión a través dun verso que rompe coas convencións formais. Do mesmo estilo é a súa segunda obra: Casa atlántica, casa cabaret (2001), que conta cunha edición dixital en formato autolibro, recitado pola autora e musicado por Fanny e Alexander. Con Nove foi premio poesía Avelina Valladares.Explorando outras linguaxes para a expresión poética realizou pequenas videocreacións como Sombra06 Café ou Estremas, e outras pezas coas que acompaña os recitais.Colabora con reseñas e artigos en diversos medios de prensa escrita e radio.É tamén autora, xunto coa artista Julia Montilla do guión da radionovela Novembro, emitida na Radio Galega en 2005.

LUIS EDUARDO AUTE
Máis coñecido como cantautor, Aute é tamén pintor, cineasta, escultor, músico e, por enriba de todo, poeta. Como fugado do Renacemento, o seu xenio discorre infatigable e curioso en constante "transfiguración" artística. Pero a universalidade da súa Poética non só deriva desta mutación expresiva senón que desborda o temporal.Na súa arte latexa o primitivismo máis "animal", a lírica greco-latina do "carpe diem", o medievo "Ubi sunt?", o romanticismo, o barroco, a mística sanxoanista, o surrealismo, calquera brote de beleza acrisólase no seu espírito artístico que nin atende a escolas, nin entende de fronteiras porque todo o transcende. Os seus versos  nútrense dos grandes temas da literatura: o amor, o desamor, a vida, a morte, as luces e as sombras que encadean ou liberan ao ser humano, que é a súa maior obsesión.En 1975 aparece o seu primeiro poemario, La matemática del espejo, onde a dúbida fecunda a súa irrefrenable ansia de libertade, a sátira canalízase por inxeniosos recursos sintácticos, temáticos e de dicción e a crítica exércese a través da irónica elexía. Con La liturgia del desorden (1978), Aute reafírmase no ton conversacional e a desnudez léxica; os seus versos destilan unha fonda tenrura acechada pola morte. En 1986 escribe Templo de carne, exaltación suprema da mística amorosa de exquisito gusto polo simbolismo e a metáfora.Entre 1991 e 1994, Luis Eduardo Aute escribe o que el chama "poemigas", breves poemas onde o xenio poético libérase a través de alambicados xogos léxicos e semánticos. Grande alquimista da linguaxe, logra que a Palabra  se someta compracida aos caprichos malabares do creador.Con Volver al agua (2002) reedítanse os seus primeiros libros xa descatalogdos e Aute sorpréndenos cun belísimo poema que dá título a esta antoloxía.As súas últimas publicacións: "animaLtresD" (2005), "animaLhada" (2005) e "animaLhito" (2007).

Link: Casa de Galicia en Madrid - Xunta de Galicia






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=361