Reurbanización do centro
Fecha Martes, 16 junio a las 15:16:32
Tema PHP-Nuke


Comezaron a principios da pasada semana e está previsto que nun prazo aproximado dun mes impliquen limitar a capacidade da ponte vella de Cedeira. Son as obras de renovación do seu casco antigo que, cun orzamento de case un millón de euros, pretenden mellorar a calidade de vida de quen residen nel.

A actuación corre a cargo do Fondo Estatal de Investimento Local -absorbe cerca do 85% da cantidade total que o Goberno central asignou ao municipio de Cedeira- e vai supor unha nova distribución do tráfico en varios puntos da localidade. é o caso da ponte vella, actualmente de dobre sentido. Está previsto que a comezos do próximo mes a plataforma quede reducida a un só carril, o de saída da parte vella do municipio. Deste xeito quedaría suspendido o acceso pola ponte á rúa Ezequiel López.


© 2009 - Ari Gracía - La Voz de Galicia



O acceso alén da vila, xa que logo, poderá realizarse pola ponte nova -os seus dous carriis son de saída-, polo que se habilitará unha das vías para entrar ao centro.
Esta nova distribución do tráfico alargarase durante uns quince días, segundo explica Xermán Tobío, concelleiro no Concello de Cedeira. A intención municipal é «reducir ao máximo o impacto sobre os veciños», aclara.
Os técnicos da unión temporal de empresas (UTE) integrada polas empresas Vivendas e Obras Civís e Lancer Proxectos e Obras traballan estes días nas rúas Ezequiel López e Real. Fano, segundo fontes municipais, por tramos, para «evitar no posible» as molestias aos cidadáns. Ademais, o Concello informa «puntualmente dos cambios no tráfico motivados polas obras», comenta o edil de Cedeira.
En total, renovar a zona vella suporá actuacións nunhas quince rúas. As obras, que se alargarán ata o mes de novembro, pretenden «deixar Cedeira como unha patena por arriba e por abaixo», en palabras do rexedor, José Luis Vergara. Por iso, ademais de colocar a preinstalación da rede de gas cidade, separar as augas pluviais e fecais e ofrecer a posibilidade de renovar traídas privadas, o proxecto inclúe substituír o actual firme de formigón que simula lastro por placas de granito silvestre.
Menos vistosa, pero efectiva
A pesar de que a actuación inclúe desviacións de tráfico e levantar varias rúas en plena tempada estival, o Concello decidiu destinar gran parte do orzamento do Goberno central a unha obra que, aínda que «pouco vistosa», explica o edil Tobío, «é realmente efectiva para os veciños do centro e o turismo». Asegura que «se queremos repoboar o casco da vila e mellorar a calidade de vida nesta zona, debemos apostar por mellorar as súas canalizacións e servizos. Así serán máis atractivas as rehabilitacións de vivendas».
Ademais, unha «firme aposta polo turismo inclúe contar con infraestruturas e servizos de calidade, e para iso é necesario levar a cabo esta obra». Recoñece que «poderiamos empregar o diñeiro en obras máis vistosas, pero decidimos facer o máis coherente e beneficioso para os veciños de Cedeira», explica Tobío.
Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=360