O próximo mes de xullo
Fecha Martes, 16 junio a las 16:07:28
Tema PHP-Nuke


Logo de permanecer ao redor dun ano pechada ao público, a piscina municipal de Cedeira entrará de novo en funcionamento o próximo mes de xullo cunha nova cuberta. Así o asegura o concelleiro de Deportes de Terra Galega no Concello cedeirense, Xermán Tobío.

A mediados desta semana será cando os técnicos rematen o teito da instalación deportiva. A partir de entón, a delegación municipal de Deportes porá a punto unha infraestrutura que cando pechou as súas portas causou o malestar de moitos usuarios. Neste sentido, desde o Concello asegúrase que respectará os bonos adquiridos polos veciños antes do peche da piscina, de modo que o tempo que duraron as obras non se descontará.


Preto de 500 usuarios

Ao redor de 500 veciños de Cedeira fan uso da piscina municipal. Para eles, o Concello cambiou a cuberta da piscina, mellorou a climatización, a iluminación, a instalación eléctrica e a fontanería, explica o edil de Deportes.

Foi no primeiro semestre do pasado ano cando o mal estado da estrutura da cuberta da piscina obrigou ao Concello a suspender a súa actividade. De feito, segundo relata o edil Tobío, «un informe técnico do 2008, que sinalaba o delicado estado no que se atopaba, instaba ao Concello a pechar a piscina e a acometer as obras». Engade que xa en setembro do pasado ano o Concello cedeirense «tivo que actuar de urxencia para retirar o falso teito que ameazaba con derrubarse».

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=359