Falla de urbanidade e civismo.
Fecha Lunes, 15 junio a las 09:30:25
Tema PHP-Nuke


Hoxe pola tarde, coma moitas outras, fun a dar un paseo ata San Antonio. Os meus ollos non daban creto o que se podía ver: á entrada, na parte esquerda, os contedores do lixo polo chan, máis embaixo bolsas, botellas de plástico, vasos, servilletas, etc. Xa no adro pensei que sería diferente, pero si, si...no medio do adro arredor do poste da luz, cal ofrenda ó mesmo. cascos de cervexa, botellas de vidro, mesmo vasos, papeis...ata restos de comida, din a volta á capela do santo e ...máis do mesmo, incluso o contedor do lixo que está por fóra, emborcado, parte das cadeas rotas, ¡unha vergonza para un pobo que acaba de ser proclamado Municipio Galego de Interese Turístico!
Hoxe, domingo, deberían haber adecentado o adro e as inmediacións da capela de San Antonio; xa sei que hoxe celébrase o día de Corpus Christi e o persoal de limpeza ten tarefa dobre, pero as autoridades competentes teñen que estar ó loro. Son moitas as xentes que se desprazan ata a fermosa capela, e ve-los arredores en tal estado é deprimente e di moi pouco de nós, os cedeireses.
Que non se repita
Pontigas

Link: Nova enviada






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=356