A Mesa informa
Fecha Domingo, 14 junio a las 11:42:18
Tema PHP-Nuke


INFORMACIÓN SOBRE A CONSULTA –TRAMPA ÁS FAMILIAS SOBRE A UTILIZACIÓN DAS LINGUAS NO ENSINO NON UNIVERSITARIO EN GALICIA
A Mesa pola Normalización Lingüística de Cedeira INFORMA:
-Ao longo desta semana a Consellería de Educación enviará unha enquisa aos pais para que estes, supostamente, elixan a lingua ou linguas en que queren que sexan educados os seus fillos
-O actual decreto en vigor só implica que o 50% das materias deben impartirse en lingua galega
-Na actual enquisa pregúntase sobre a lingua na que se desexa que se cursen as MATERIAS TRONCAIS, queremos aclarar que na maioría dos casos os alumn@s só cursan 1, 2, 3 ou como moito 4 desas materias, polo tanto en ningún caso estamos elixindo que todo o ensino dos nosos fill@s sexa en galego, nin sequera sería posible elixir o 50% en galego.
-Por todo isto
           Marcar a opción “galego” (en Infantil e FP) e “todo en galego” (en Primaria e Secundaria), estarían a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera.



Link:





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=355