Domingo de enquisas
Fecha Domingo, 15 febrero a las 22:32:15
Tema PHP-Nuke


Os conservadores perderán só dous escanos con respecto a 2005. Este é o prognóstico que dá o xornal La Voz de Galicia para as eleccións galegas. Os socialistas benefícianse desta caída e os nacionalistas repiten o mesmo resultado. De *****prirse a enquisa feita por sondaxe no Hórreo haberá a partir de marzo 35 deputados do PPdeG; 27 do PSdeG; e 13 do BNG.  Por circunscricións, os movementos prodúcense na Coruña e en Pontevedra, onde os socialistas obteñen os dous deputados a conta dos “populares”.

Un dato que chama a atención na enquisa de La Voz é que o 39% dos entrevistados non saben ou non queren dicir a quen van votar o 1 de marzo.O estudo demoscópico, elaborado entre o 10 e o 13 de febreiro, non ten en conta o voto emigrante.




Unha sondaxe ben distinta é a que publica tamén este domingo Xornal de Galicia. Este diario coincide con La Voz á hora de asignarlle 35 deputados ao PPdeG, porén asegura que o gran beneficiado vai ser o BNG que aumentaría tres escanos e situaríase en 16. Pola súa banda, os socialistas cederían un deputado e quedarían con 24. O estudo asínao a empresa Quadernas Consultoría.

La Región ve un PPdeG ás portas de San Caetano
Pola súa parte, o xornal ourensán La Región dálle máis folgos ao PP. Segundo unha enquisa de Infortécnica, os de Núñez Feijoo lamberían a absoluta ao estar entre os 36 e 38 deputados. O mesmo medio prognostica un resultado de entre 25 e 27 deputados para o PSdeG e 12-13 para os nacionalistas.

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=35