Aprobación definitiva da Ordenanza fiscal do imposto de construció
Fecha Miércoles, 10 junio a las 09:29:50
Tema PHP-Nuke


Aprobación definitiva da Ordenanza fiscal do imposto de construción, instalacións e obras

Resultando que en sesión celebrada o 3 de febreiro de 2009 o Pleno da Corporación acordou aprobar provisionalmente a 2.ª modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto de construccións, instalacións e obras.

A Ordenanza fiscal reguladora do imposto de construccións, instalacións e obras foi publicada no BOP de 31 de de-cembro de 1998, e a súa modificación no BOP n.º 146 de 2003.

Resultando que no BOP n.º 66 de 20 de marzo de 2009 publicouse o anuncio de aprobación provisional da devandita 2.ª modificación iniciándose o prazo de 30 días de exposición ao público a efectos de presentación de alegacións. De non presentarse alegacións entenderíase definitivamente aprobado.

Resultando que durante o periodo de exposición ao público, finalizado o día 30 de abril de 2009, non se presentaron alegacións.

RESOLVO


1.–Declarar que produciuse a aprobación definitiva da 2.ª modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto de construccións, instalacións e obras.
2.–Ordenar a publicación integra no Boletín Oficial de la Provincia do texto articulado da 2.ª modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto de construccións, instalacións e obras.
2.ª modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto de construccións, instalacións e obras.
Engádese unha disposición transitoria.
Disposición transitoria única.
1.–Os suxeitos pasivos de este imposto polas construccións, instalacións e obras cuxas licencias foran solicitadas entre o 24 de xaneiro e o 30 de abril de 2009 para reparar danos causados polo temporal acaecido os días 23 e 24 de xaneiro de 2009 gozarán da deducción na cuota íntegra do imposto de construccións, instalacións e obras polo importe satisfeito en concepto de taxa polo outorgamento da licenza urbanística correspondente.
2.–Esta deducción terá carácter rogado.
3.–O órgano competente para conceder as licenzas recoñecerá o dereito á deducción.
4.–Para ter dereito a esta deducción deberá acreditarse que a obra proxectase para reparar un dano causado polo temporal acaecido os días 23 e 24 de xaneiro de 2009 mediante algún dos seguintes medios:
a) Fotografías nas que conste a data de realización.
b) Testemuña notarial.
c) Atestado policial.
d) Do*****entación ou declaración da compañía de seguros do suxeito pasivo.
e) Calquera outro medio que, a xuízo do órgano competente, permita acreditar que o dano foi causado polo temporal.
5.–Esta disposición transitoria aplicarase retroactivamente ás solicitudes de licenzas urbanísticas para reparar danos causados polo temporal presentadas desde o 24 de xaneiro de 2009 ata a súa entrada en vigor.
Así o ordena e dispón o Sr. alcalde, do que eu, secretario, dou fe.
Cedeira, 11/05/2009.
O alcalde
Asdo. José Luis Vergara Rey
O secretario
Asdo. Anxelo Estévez Torres

Lnk: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=345