Aprobación definitiva do Regulamento do servizo municipal de dinamización do banco do tempo do concello de Cedeira
Resultando que en sesión celebrada o 27
de xaneiro de 2009 o Pleno da Corporación acordou aprobar
provisionalmente o Regulamento do servizo municipal de dinamización do
banco do tempo do Concello de Cedeira.
Resultando
que no BOP n.º 66 de 20 de marzo de 2009 publicouse o anuncio de
aprobación provisional do devandito regulamento iniciándose o prazo de
30 días de exposición ao público a efectos de presentación de
alegacións. De non presentarse alegacións entenderíase definitivamente
aprobado.
Resultando que durante o periodo de exposición ao público, finalizadoo día 30 de abril de 2009, non se presentaron alegacións
RESOLVO
1.–Declarar que produciuse a aprobación
definitiva Regulamento do servizo municipal de dinamización do banco do
tempo do Concello de Cedeira.
2.–Ordenar
a publicación integra no Boletín Oficial de la Provincia do texto
articulado Regulamento do servizo municipal de dinamización do banco do
tempo do Concello de Cedeira.
REGULAMENTO DO SERVIZO MUNICIPAL: “DINAMIZACIÓN DO BANCO DE TEMPO DO CONCELLO DE CEDEIRA”
CAPÍTULO I.–OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
Artigo1.–Obxecto.
O
presente regulamento ten por obxecto establecer a organización e
funcionamento do servizo municipal de “dinamización do banco de tempo
do Concello de Cedeira”, así como o seu funcionamento e a adscrición ó
mesmo.
Artigo 2.–Ámbito de aplicación.
Constitúe
o ámbito de aplicación do presente regulamento o banco de tempo do
Concello de Cedeira, que se configura como unha medida de conciliación
da vida persoal, familiar e laboral.
CAPÍTULO II.–DENOMINACIÓN, FORMA XURÍCA, DOMICILIO E ÁMBITO TERRITORIAL, OBXECTIVOS E ACTIVIDADES
Artigo 3.–Denominación.
O presente servizo denominarase “dinamización do banco de tempo do Concello de Cedeira”
Artigo 4.–Forma xurídica.
O
servizo municipal “dinamización do banco de tempo do Concello de
Cedeira” prestaráse na forma xurídica de xestión directa: “Xestión
directa pola propia entidade local”, segundo o artigo 85 punto 2.1
apartado A da Lei de Bases de Rexime Local. carecendo de ánimo de
lucro, e ó amparo da Lei 2/2007, do 28 de Marzo 2008 ,do traballo en
igualdade das mulleres de Galicia e normas complementarias.
4.1.–O servizo municipal “dinamización do banco de tempo do Concello de
Cedeira” de conformidad co disposto no artigo 43.º, capítulo I, do
título VI da Lei 2/2007,do 28 de marzo, de Traballo en Igualdade das
mulleres de Galicia, contribuirá a facilitar ás persoas maiores de
idade empadroadas no concello a conciliación da súa vida persoal,
familiar e laboral.
Artigo 5.–Domicilio e ámbito territorial.
A
ubicación física do banco de tempo do Concello de Cedeira será a que se
determine por resolución da alcaldía a cal será notificada
oportunamente.
O ámbito
territorial no que vai a levar a cabo principalmente as súas
actividades é o territorio do Concello de Cedeira, tanto na área urbán
como na área rural.
Artigo 6.–Obxectivos e actividades.
A existencia deste servizo ten:
Como obxectivos xerais:
•
Favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar a través
da creación dunha rede de intercambio de tempo, coñecementos e servizos
entre as persoas residentes no concello, cunha dimensión igualitaria
entre homes e mulleres.
• Promover unha nova organización social do tempo.
•
Fomentar os valores de solidariedade e respeto e as relacións
interpersoáis, interxeracionáis e interculturáis entre a veciñanza.
Como obxectivos específicos:
• Difundir a creación e implantación do banco de tempo a través dos medios de comunicación establecidos no concello.
• Organizar e elaborar toda a do*****entación necesaria para a creación e implantación do banco do tempo.
•
Incluir ás persoas na vida social, rompendo co aillamento que se está
a sufrir co novo modelo de convivencia cidadá e dando resposta á
necesidade humana de relacionarse, ofertando unha canle para a
integración na comunidade daquelas personas que por distintas razóns
teñen pouca participación na vida social do concello.
•
Fomentar as relacións interpersoais, sendo un punto de referencia e
encontro para recuperar a relación de veciñanza dun xeito organizado.
•
Destacar a importancia e o valor das tarefas cotias desenvolviadas
tradicionalmente polas mulleres no ámbito doméstico, poñendo en
positivo a importancia das mesmas.
•
Constituir un marco para a comunicación e o aprendizaxe doutras
culturas e intercambios xeracionáis, fomentando o respeto polo saber a
as habilidades de todas as persoas participantes.
•
Realizar actividades, talleres, eventos…., e colaborar con entidades
tanto públicas como privadas que promovan o banco de tempo.
Para o *****primento destes obxectivos realizaranse as seguintes actividades:
• Constitución do banco de tempo.
•
Diseñar e elaborar os do*****entos e ferramentas informáticas que se
consideren necesarios para o desenvolvemento dos servizos e actividades
do banco.
• Difusión do banco de tempo a través dos medios de comunicación dispoñibles no concello.
• Dinamización do banco de tempo adaptandoo as necesidades da comunidade local.
• Mantemento e sostemento da base de datos na que constan os datos que fan referencia as persoas asociadas.
• Colaboración coas actividades que realicen as asociacións existentes no concello.
•
Realización de convenios, proxectos, colaboracións con entidades tanto
públicas como privadas, asociacións, fundacións…, así como promover
cursos, actividades, eventos, xornadas… para fomentar o uso do banco de
tempo.
• Creación e publicación de
material didáctico, páginas Web, programas de radio, talleres, vídeos,
etc. que enriquezan o proxecto.
• Todas aquelas actividades que podan propiciar o *****primento dos fins do banco de tempo.
CAPÍTULO III.–RECURSOS ECONÓMICOS
Artigo 7.–Recursos económicos do banco de tempo.
Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos obxectivos e actividades do banco de tempo serán os seguintes:
7.1.–A
nivel Autonómico: as subvencións que se poideran recibir dende a Xunta
de Galicia, por ser esta unha medida de promoción autonómica.
7.2.–A
nivel municipal: a partida económica destinada por parte do Concello
para o banco de tempo, que será aprobada nos orzamentos municipais
anuais de cada exercicio, inicialmente está solicitada a do exercicio
2009 para a creación e implantación do banco de tempo como medida
facilitadora da conciliación da vida persoal, familiar e laboral das
persoas residentes no concello de Cedeira.
7.3.–Outros recursos.
CAPÍTULO IV.–ADSCRICIÓN
Artigo 8.–Como e donde adscribirse.
As
persoas empadroadas no Concello de Cedeira que queiran adscribirse ó
banco de tempo, poderán poñerse en contacto co mesmo a través dos
seguinte medios:
– Dirixindose á
súa sede,que en principio está situada no 3.º andar do Centro Socio
Cultural, pertencente ó concello, e sito na Rúa do Convento, s/n e
preguntar polo/a Axente do Tempo.
– Vía telefónica.
– A través do enderezo electrónico que se cree para o servizo.
– A través da páxina web do concello de Cedeira.
– Calquer outro que no seu momento se poidera crear.
Artigo 9.–Horario do servizo.
O horario do Servizo será determinado por resolución da alcaldía, que será notificadá e publicada oportunamente.
Artigo 10.–Do*****entación necesaria.
Para
asinar a carta de adhesión, as persoas teñen que presentar un DNI, NIE,
pasaporte, carné de conducir ou outro do*****ento válido de
identificación, e unha fotografía. As persoas estranxeiras que queiran
adscribirse terán que acreditar a súa residencia no concello cun
certificado de empadroamento.
No
caso de se adscribir colectivos ou asociacións, haberá que chegar a
acordos respecto á súa relación co banco, tendo sempre en conta que as
cartas de adhesión terán que ser individuais.
As
variacións nos datos persoais, na dispoñibilidade ou nos servizos
ofertados ou demandados deberán ser comunicadas á/ó axente de tempo que
xestionará o banco de tempo.
Artigo 11.–Como ser socio/a do banco de tempo.
As
persoas que desexen adscribirse a este banco de tempo terán que facer
unha entrevista co/a axente de tempo, no transcurso desta entrevista
explicaranse as normas de funcionamento deste banco de tempo e
determinaranse os servizos que a persoa ofrece e demanda así como a súa
dispoñibilidade.
Ó finalizar
esta entrevista e asinar a carta de adhesión, a persoa comprométese a
intercambiar servizos ou coñecementos coas outras persoas adscritas a
este banco de tempo nos termos establecidos nas súas normas de
funcionamento, das que levará unha copia deixando outra
firmada,conforme as entende e acata, para incluir na súa ficha persoal.
Todos os datos que figuren na
carta de adhesión e/ou calquer outro do*****ento do banco de tempo serán
recollidos nunha ficha individual e na base de datos que terá que ser
actualizada cada vez que se produza unha variación.A ficha individual
estará identificada ademais có n.º de adscrición da persoa.
Artigo 12.–Duración da adscrición.
A adscrición dunha persoa é válida ata que remate o banco de tempo, excepto que:
–
A persoa solicite a súa baixa : Sería unha baixa voluntaria e deberase
presentar nun escrito debidamente asinado nun prazo de dous meses antes
da data na que se quere causar baixa, para que de tempo de equilibrar a
conta, posibilitando a devolución daquelas horas que estivesen
pendentes de seren realizadas. De ter horas de crédito na conta,
poderanse transferir a calquera outra persoa asociada ou ó banco
directamente unha vez de acordo coa persoa coordinadora do banco.
–
A persoa responsable do banco de tempo así o decida: Sería unha baixa
tramitada polo banco en caso de que se observen anomalías ou se reciban
queixas en varios dos intercambios realizados pola persoa. O número e a
gravidade das queixas ou anomalías será determinado pola persoa
responsable do banco de tempo.
Podería supor a baixa definitiva sen posibilidade de facer unha adscrición posterior.
En calquera caso, a baixa rexistrarase na base de datos coas anotacións oportunas.
Artigo 13.–Dereitos e obrigas das persoas asociadas ó banco de tempo.
As persoas asociadas ó banco de tempo do concello de Cedeira disfrutarán dos dereitos que a continuación se enumerán:
1. Recibir o crédito polas horas de servizos que cada persoa preste.
2. Poder gastar o crédito de tempo do que dispoñan nos servizos ofrecidos polas outras persoas adscritas a este banco de tempo.
3.
A que se respete a súa vida privada e a información obtida nos
intercambios de servizos que serán respectadas polas outras persoas
adscritas e por todas aquelas que as coñezan polo funcionamento deste
banco de tempo.
4. Dereito a cambiar os servizos que ofrezan ou que demanden cando así o estimen.
5. Dereito a deixar de formar parte deste banco de tempo cando así o estimen.
As persoas asociadas ó banco de tempo do concello de Cedeira terán as seguintes obrigas:
1. Respectar a vida privada e a información confidencial das outras persoas adscritas coas as que intercambie servizos.
2. Acudir a prestar os servizos ós que se comprometen cando e como lles sexan requiridos.
3.
Informar á persoa coordinadora do banco de tempo se non poden levar a
cabo os intercambios no tempo e forma acordados para que se poidan
buscar alternativas.
4. Comunicar á persoa coordinadora do banco de tempo os cambios nos datos das súas cartas de adhesión.
5. Coidar o talonario que se lles asinará e entregar os Talóns de servizos no prazo máximo de quince días.
6. Non dar nin recibir diñeiro a cambio de servizos.
7. Asinar os Talóns das persoas adscritas a este banco de tempo que lles presten algún servizo.
8. Ser puntual nos servizos, tanto nos prestados como nos recibidos.
9.
Respetar a todas as persoas que formen parte do banco de tempo, e non
discrimanalas por razón das súas crenzas, ideoloxía, sexo, relixión,
procedencia ou calqueira outra causa.
A/o
Axente entregará unha copia dos mesmos no momento de producirse a
adscrición ou alta no banco de tempo, sendo necesario que a persoa
asociada firme unha copia e que ésta quede na ficha persoal de dita
persoa.
Artigo 14.–Resolución de conflitos.
A
persoa adscrita comprometese a aceptar a mediación do banco de tempo
nos conflitos que poidan xurdir. Neste caso, o banco analizará o
conflito e recomendará unha solución, sendo esta final, sen que haxa
posibilidade de recurso.
CAPÍTULO V.–FUNCIONAMENTO
Artigo 15.–Natureza dos servizos prestados.
As
persoas maiores de idade empadroadas no Concello de Cedeira,
adscríbense ó banco de tempo para intercambiar entre elas a súa
experiencia, o seus coñecementos e habilidades, e crear unha rede de
cidadás e cidadáns que, cos seus propios valores, facilite a
conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral. Estes
intercambios están dirixidos principalmente a ofrecer e demandar
servizos de atención a persoas e tarefas do ámbito privado, para
resolver necesidades puntuais da vida cotiá.
Os
servizos intercambiados non poderán nunca ser configurados nin
asimilados a relacións de traballo autónomo ou asalariado. Deberanse
excluír tódalas actividades que, feitas dun modo continuado, puideran
configurarse como actividades que puideran ser obxecto de contratación
laboral.
Artigo 16.–Medida de valor ou unidade de intercambio.
A
medida de intercambio é a hora, con independencia do tipo de servizos
que se intercambien entre as persoas que se adscriban a este banco de
tempo. No caso de que un servizo ocupe algo mais ou algo menos de 1
hora entenderase que a partires de 50 minutos cóntase unha hora.
Artigo 17.–Horas mensuais.
As
persoas adscritas no banco de tempo terán que ofrecer un mínimo de 3 de
horas ó mes,asimesmo, establecese un máximo de 2 horas por semana para
demandar servizos, aínda que o intercambio se vai a determinar en
función do n.º de persoas adscritas ao banco de tempo e do n.º de
servizos a intercambiar.
Artigo 18.–Conta corrente de tempo.
Cada
persoa adscrita ao banco de tempo será titular dunha “conta corrente de
tempo” e partirá cun crédito de 10 horas para poder iniciar os
intercambios.
Non se poderá
a*****ular unha diferencia maior de 10 horas entre o tempo ofertado e o
tempo recibido. Só en situacións excepcionais permitirase a a*****ulación
de tempo pendente, de dar ou recibir, máis aló dun trimestre.
Nos
casos de exceso de horas, ofertadas ou recibidas, a persoa non poderá
prestar ou recibir, segundo o caso, ata que teña reducido o exceso na
metade, e dicir, 5 horas.
Se unha
persoa se da de baixa no banco de tempo e ten crédito de recepción
poderá transferilo a outra das persoas adscritas ou directamente ó
banco unha vez de acordo coa persoa coordinadora do banco. Se pola
contra, ten horas de débeda ten que deixala a cero no momento de darse
de baixa.
Artigo 19.–Xeito de pago.
Cada
persoa disporá dun Talonario que usará no momento de recibir o tempo
dun servizo prestado por outra persoa adscrita, á que lle dara un Talón
referido a ese servizo.
No talón
débense reflectir os seguintes datos: o nome da persoa que presta o
servizo, o n.º de adscrición das duas persoas que interveñen no
intercambio, o nome do servizo realizado, as horas adicadas, a data e o
lugar, as sinaturas das duas persoas.
A
persoa adscrita ao banco de tempo que recibe un servizo doutra, tenlle
que dar un talón do seu talonario a quen lle prestou o servizo, tendo
ésta que levalo ao banco de tempo no prazo de 15 días; a persona
responsable do banco anotará o tempo intercambiado nas contas das dúas
persoas: unha delas terá mais tempo de crédito e a outra terá menos.
A/o axente de tempo comprobará nese momento que o intecambio se fixo
sen incidentes.
Artigo 20.–Balance de contas.
A
axente de tempo elaborará unha vez ó mes un balance de cada conta
corrente e enviará trimestralmente ás persoas adscritas un resúmen das
contas sinalando os excedentes en demandas e en ofertas. A
periodicidade de envío do resúmen poderase modificar en función da
dinámica do banco de tempo.
Artigo 21.–Contacto entre as persoas asociadas ó banco.
A/o
axente de tempo ocupárase de cruzar a información das persoas adscritas
e de poñelas en contacto, via telefónica, segundo as súas demandas e
ofertas. Os intercambios poderían ser realizados entre as propias
persoas adscritas, aínda que coa supervisión da persoa responsable do
banco, en fases mais avanzadas da vida do banco.
Cando
se produzan demandas coincidentes, a/o axente de tempo tentará
dinamizar o intercambio, facilitando recursos ao seu alcance.
CAPÍTULO VI.–DINAMIZACIÓN
Artigo 22.–Intercambio e seguemento.
A/o
axente de tempo ten que promover o coñecemento e o intercambio entre as
persoas adscritas, fomentando a confianza mutua. En calquera caso,
tanto os servizos dispoñibles como a súa realización efectiva son
responsabilidade directa das persoas adscritas ao banco de tempo.
A/o
axente de tempo fará un seguimento permanente das persoas
adscritas,estará en contacto coas mesmas para detectar as novas
necesidades e os novos servizos que estean dispostas a ofertar e para
informarlles do estado das súas contas.
Artigo 23.–Actividades de dinamización.
Cara
a dinamización do banco, a/o axente de tempo organizará as actividades
colectivas que considere oportunas, contando sempre coa autorización da
persoa responsable do proxecto no Concello.
Estas actividades colectivas poderán ser:
A) Para persoas adscritas:
reunións
quincenais ou mensuais, dependendo do número de persoas adscritas e do
número de intercambios realizados; fomentando que se coñezan entre si e
poidan xurdir novas posibilidades de intercambio. A/o axente de tempo
tentará que cada reunión sexa diferente, propoñendo temas ou
actividades que virán dadas pola dinámica do banco.
B) Para outras persoas:
Realizaranse
actividades para dar a coñecer a idea e o funcionamento do banco de
tempo. A periodicidade e a temática destas actividades virán dadas pola
dinámica do banco e as posibilidades da/o axente de tempo.
Artigo 24.–Achega de novas.
A/o
axente de tempo editará un boletín de servizos con periodicidade
trimestral no que figurará a relación dos servizos dispoñibles para
intercambio.
A/o axente de tempo
colocará no taboleiro de anuncios da sede do banco esta mesma
información. A actualización desta información dependerá das novas
posibilidades de intercambio.
O
taboleiro de anuncios pretende ser unha vía de coñecemento das
actividades a intercambiar e das experiencias que contan as persoas
adscritas, funcionando, así mesmo, como unha vía de divulgación e
captación tanto para as persoas xa adscritas como para aquelas que o
vexan.
Artigo 25.–Opinións e suxerencias.
A/o
axente de tempo elaborará unha caixa de testemuñas chamada “O banco
conta...” a partires das experiencias de intercambio e as opinións das
persoas adscritas. Estas testemuñas serán presentadas por escrito na
sede do banco de tempo aínda que poden ser anónimas, e serán editadas
xunto có Boletín de Servizos, facéndose chegar á cada persoa adscrita
por correo, sexa postal ou electrónico. Ademais colgarase unha copia de
“O banco conta...” no taboleiro de anuncios da sede.
A/o
axente de tempo encargarase de elaborar unha “caixa de suxerencias”,
que estará na sede, no que se recibirán críticas, opinións e
suxerencias sobre o funcionamento do banco. Estas presentaranse de
forma anónima e serán utilizadas por a persoa responsable do banco como
unha forma de avaliación.
CAPÍTULO VII.–FUNCIONAMENTO EXTERNO
Artigo 26.–Responsabilidades e compromisos.
O
banco de tempo non se responsabiliza de calquera problema que puidera
xurdir durante os intercambios. A responsabilidade de que os
intercambios que se leven a cabo de xeito correcto e no tempo acordado
é unicamente das persoas implicadas neles.
A
sinatura da carta de adhesión exime ó banco de tempo e a comisión de
seguemento do mesmo así como ó Concello de Cedeira de todo tipo de
responsabilidade relativa a danos provocados durante o exercicio de
intercambios de actividades entre usuarios. Tanto os servizos
dispoñibles como a súa realización efectiva son responsabilidade
directa das persoas adscritas ao banco de tempo.
As persoas adscritas neste banco de tempo comprometeranse por escrito a aceptar e *****prir as normas de funcionamento.
Artigo 27.–Protección de datos.
O
contido da información recollida sobre as persoas adscritas neste banco
de tempo é confidencial e non está permitida a súa difusión para fins
alleos os do banco de tempo.
As
persoas adscritas cederán os seus dereitos de imaxe ó banco de tempo,
para poder utilizalas en eventos ou actividades organizadas e levadas a
cabo para a promoción do banco de tempo.
Os datos persoais das persoas adscritas estarán suxeitos á Lei de Protección de Datos.
CAPÍTULO VIII.–COMISIÓN DE SEGUEMENTO
Artigo 28.–Membros da comisión.
O banco de tempo será supervisado e representado por unha comisión de seguemento constituida por:
– O/a alcalde/sa, como representante legal da entidade, ou o/a concelleiro/a en quen este/a delegue.
– O/a Concelleiro/a que o/a alcalde/sa designe para tal fin.
– O/a axente de tempo, quen realizará as funcións de coordinador/a e xestor/a do banco de tempo.
Artigo 29.–Facultades da comisión de seguemento.
As facultades da comisión de seguemento extenderanse, con carácter xeral a todos os actos propios dos obxectivos do banco.
Son facultades particulares da comisión de seguemento:
a)
Determinar os posibles actos a celebrar en colaboración coas
asociacións existentes no concello, con outros concellos e os seus
bancos de tempo, con calquera outra entidade que promova e dinamice
medidas neste senso.
b) Resolver sobre a expulsión das persoas asociadas, en función das circunstancias dadas, e da gravidade dos feitos acontecidos.
Artigo 30.–Funcións dos/as membros da comisión.
O/a
alcalde/sa ou a persoa en quen este delegue, terá as siguientes
atribucións: representar ó banco de tempo ante toda clase de organismos
públicos e/ou privados; convocar, presidir e levantar as reunións que
celebre a comisión de seguemento, así como dirixir as súas
deliberacións; adoptar calquer medida urxente que a boa marcha do banco
aconselle ou no desenvolvemento das súas actividades resulte necesaria
ou convinte, sen prexuízo de dar conta posteriormente á comisión de
seguemento.
O/a Concelleiro/a que
o alcalde/sa designe para tal fin, supervisar o traballo levado a cabo
polo/a axente de tempo dende o banco de tempo.
O/a
axente de tempo, no seu desempeño como coordinador/a do banco de tempo
terá as seguintes funcións: a elaboración e xestión dunha base de datos
ou ferramenta mediante a cal se arquiven e actualicen os datos das
persoas asociadas ó banco; realización dun estudo sobre as
características do concello:servizos cos que conta, tecido asociativo,
posibles demandas…; elaboración da do*****entación necesaria para o
desenvolvemento das actividades e servizos: carta de adhesión, catálogo
de recursos, boletín de servizos, talonarios de pago de servizos, etc.;
dinamización do banco de tempo a través de reunións, xornadas, ou
calquer outro medio ou actividade que se poda establecer para tal fin;
resolver sobre a admisión das persoas asociadas unha vez feita a
pertinente entrevista inicial.
Artigo 31.–Reunións da comisión.
As
reunións da comisión de seguemento serán ordinarias e extraordinarias.
As ordinarias celebraranse anualmente; e as extraordinarias
celebraranse cando as circunstancias o aconsellen, a xuicio do
alcalde/sa ou cando os/as membros da comisón o acorden.
As
convocatorias das reunións ordinarias realizaranse por escrito
expresando o lugar, día e hora da reunión así como a orde do día coa
expresión concreta dos asuntos a tratar.
CAPÍTULO VIX.–AVALIACIÓN
Artigo 32.–Avaliación interna.
A/o
axente de tempo fará avaliacións mensuais e trimestrais, có fin de
coñecer a realidade do proxecto e de elaborar estratexias de mellora,
sexa dentro do ámbito do banco ou en relación á posible transferencia a
outros ámbitos.
A comisión de
seguemento, celebrará unha reunión semestral a través da cal se
avaliará o desenvolvemento do banco de tempo, podendo xurdir liñas e
propostas de cambio e mellora.
Faráse
unha avaliación anual, para avaliar o proceso do banco de tempo, e na
que se rexistrarán todos aqueles cambios feitos na procura do mellor
funcionamento do mesmo.
Artigo 33.–Avaliacion externa.
Cada
persoa adscrita recibirá trimestralmente, xunto co boletín de servizos
e a caixa de testemuñas, unha folla de avaliación que deberá remitir ou
levar á sede do banco de tempo.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Primeira.–Facúltase
ó alcalde-presidente de Concello de Cedeira a dictar cantas
disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento do presente
regulamento. Correspóndendolle ó concelleiro/a designado/a polo alcalde
dirixir a supervisión e coordinación do servizo municipal de banco de
tempo.
Segunda.–O
presente regulamento entrará en vigor una vez publicado o seu texto
íntegro no Boletín Oficial da provincia e transcorrido o prazo previsto
polo artigo 65.2 da Lei 7/85, permanecendo en vigor ata que o Pleno da
Corporación acorde a súa modificación ou derogación.
Terceira.–O
banco de tempo é unha medida de fomento limitada no tempo, e unha vez
estimulada a sociedade deberáse constituir unha asociación de usuarios
que o xestionen.
Cuarta.–Para
o non previsto neste Regulamento estarase ó disposto na Lei 7/1985, de
2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local; Lei 5/97 de 22 de
xullo de Administración Local de Galicia; Lei 2/2007, de 28 de marzo,
do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia, Decreto 182/2008, do
31 de xullo, polo que se establece a promoción autonómica das medidas
municipais de conciliación e se determinan os requisitos para a súa
validación e funcionamento e nas normas que desenvolvan, modifiquen ou
deroguen ás citadas.
Disposición última.–O presente Regulamento foi aprobado polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o 27 de xaneiro de 2009.
Así o ordena e dispón o Sr. alcalde, do que eu, secretario, dou fe.
Cedeira, 11/05/2009.
O alcalde
Asdo. José Luis Vergara Rey
O secretario
Asdo. Anxelo Estévez Torres
Link: BOPONLine