FIN DE SEMANA DE CORPUS - Concello de Cedeira
Fecha Viernes, 05 junio a las 21:34:50
Tema PHP-Nuke


Con motivo da coincidencia entre a celebración do Corpus co Feirón no domingo dia 14 de xuño e coa finalidade de conciliar ambas actividades, decidimos que, para poder realizar a procesión, debemos cambiar a ubicación do Feirón á Praza da Constitución e Paseo da Madalena, nas proximidades da Revolta. A tradición sempre tivo en alta consideración a festividade do Corpus, polo que o Concello síntese na obriga de dalle prioridade, frente a outras celebracións ou intereses.

Tamén queremos informar que as obras de mellora do sanemaneto e demais que levaremos a cabo tanto no Casco Antigo como na Rúa Ezequiel López e Rúa do Mariñeiro están planificadas de tal forma que non impedirán o tradicional desenvolvemento da Procesión do Corpus. Os adornos florais que a veciñanza realiza nas rúas do casco antiguo non se verán impedidos. Ao contrario, esmerarnos na súa execución será o sinal de que tan importantísimas obras se inician da mellor maneira, augurio dun seu mellor remate.

Cedeira afrontará nos próximos meses obras que nos situarán ao nivel das máis avanzadas esixencias do mundo moderno, rede separativa de augas pluviais e fecais que preservarán a nos a fermosísima ría, renovación das traídas de augas, soterramento da telefonía, fibra óptica, electricidade, ou preinstalación do gas cidade, rematado cun pavimento noble de pedra granítica, que nos permita afrontar o abandono de veciños e comercios que está a sufrir a Vila Vella. Sabemos que a colaboración da veciñanza será absoluta, pero elo non quita que pidamos disculpas por todas as molestias que ocasionen e consello en todas as cuestións que se nos escapen.

Asdo. Alcaldía


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=338