Cursos de verán
Fecha Martes, 02 junio a las 12:09:03
Tema PHP-Nuke


O Centro de Linguas da UDC abre o prazo de matrícula para os cursos de verán

 O Centro de Linguas da Universidade da Coruña, cuxa delegación ferrolana ten a súa sede no Edificio de Apoio ao Estudo de Esteiro, ten aberto desde onte e ata o vindeiro 21 de xuño o prazo de matrícula para os curso de verán. A diferenza dos demais, estes teñen un carácter semiintensivo, puidéndose consultar os horarios, así como toda a información relativa aos mesmos, na páxina web do centro: www.udc.es/centrodelinguas.

Ademais dos cursos de alemán, francés, inglés, italiano e portugués, ofertarase como novidade un curso de conversación en alemán, dun nivel moi básico, segundo se informou dende o Centro de Linguas. Tamén haberá clases de conversación en inglés e francés, en dous niveis diferentes.Todos eles están abertos á comunidade universitaria, mais tamén á cidadanía en xeral. Desde a súa creación hai varios anos, o Centro de Linguas da Universidade da Coruña foi consolidando o seu número de alumnos.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=332