O PP di estar "farto" do comportamento e "mentiras" do rexed
Fecha Domingo, 31 mayo a las 09:40:45
Tema PHP-Nuke


O Partido Popular de Cedeira saíu onte ao paso das críticas emitidas polo PSOE nas que esta formación acusaba aos populares, entre outras cousas, de impedir a participación da cidadanía nos plenos, véndose obrigado o alcalde socialista, José Luís Vergara, a suspender a sesión plenaria do pasado xoves debido ás "disputas, interrupcións e falta de respecto" por parte do portavoz dos populares, o ex alcalde Leopoldo Rubido, e demais responsables da súa formación.

O PP quixo aclarar que "o pleno non tivo que suspenderse, senón que xa se terminou", e asegurou que foi o rexedor cedeirense o que "insultou reiteradamente ao portavoz municipal do PP". Neste sentido, afirman que durante o pleno, Vergara non deixou terminar de explicarse a Rubido sobre o acordo de ampliación do Centro de Saúde de Cedeira, "acordo cuxos fondos foron dilapidados polo anterior goberno PSOE-BNG". Con respecto ás obras acometidas, "durante o pleno o PP de Cedeira mantivo que era unha obra máis urxente o arranxo do Palacete para Residencia da Terceira Idade" que as obras acometidas no casco antigo do municipio, "xa que podería proporcionar 20 postos de traballo e non os poucos postos temporais conseguidos desta forma", sinalan.

Así mesmo, din que tamén é unha "mentira" que o PP estea en contra da instalación de fibra óptica e saneamentos na zona vella, como manifestou o alcalde cedeirense.

Ademais de tachar de autoritario, bipolar e sectario o comportamento do rexedor, "polo que non nos estrañan as súas mentiras e maneiras", o PP "non vai admitir que se lle ningunee, xa que nós representamos á maioría dos votantes de Cedeira", engadiron. "O Partido Popular está farto desta situación e tomará as medidas políticas e legais para remediala", conclúen.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=330