Paseo marítimo
Fecha Sábado, 30 mayo a las 17:30:42
Tema PHP-Nuke


A Demarcación de Costas en Galicia iniciou os traballos para arrombar o aspecto do paseo marítimo nas inmediacións da Magdalena, moi danado tras o paso do ciclón "Klaus". Ademais de mellorar o pavimento degradado, plantaranse, a petición do Concello, uns 40 carballos.

O paseo marítimo de Cedeira lucirá en breve un novo aspecto, grazas ao comezo dos traballos de mellora que están a acometer desde a Demarcación de Costas en Galicia no lugar, moi danado tras o paso do ciclón "Klaus" o pasado 23 de xaneiro.

O alcalde da vila, José Luís Vergara, mostrábase onte moi satisfeito polo inicio destas obras, xa que as consecuencias dos fortes ventos do temporal provocaron numerosos danos, a maioría ocasionados polo movemento das árbores e as súas raíces, chegando a levantarse o formigón nalgúns puntos do paseo. Precisamente estes días trabállase na mellora do pavimento danado.

O paso do "Klaus" obrigou ao goberno municipal a tomar unha decisión "difícil", como explicou o propio rexedor, xa que o mal estado no que quedaron algunhas árbores fixo necesario que se tallasen, algo que obriga tamén a Costas a retirar as raíces e parte do tronco destes exemplares que aínda permanecían no lugar. Por outra banda, José Luís Vergara asegurou que aínda que algúns das árbores cortadas -chopos na súa maioría- non foran tirados polo temporal, a súa vellez obrigou a retiralos xa que "o perigo que poderían ocasionar era maior que o beneficio de mantelos alí", explicou o rexedor cedeirense.

Ante a necesidade de retirar os chopos, o goberno municipal solicitou ao titular da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, que se plantasen no lugar novos exemplares, algo ao que accedeu. Así, en breve, uns 40 carballos presidirán o paseo.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=328