TEGA - Apertura de expedientes informativos
Fecha Sábado, 30 mayo a las 16:23:01
Tema PHP-Nuke


Comunicado da Executiva Nacional de Terra Galega

Ante os feitos acaecidos no Concello de Valdoviño e as protestas que o grupo municipal do BNG ven de facer na prensa, polo voto en contra da nosa agrupación no último pleno da corporación a prol do uso do galego, eu, Xermán Tobío como Secretario Xeral de Terra Galega  e en nome da Executiva Nacional,

comunico:
A apertura de expediente informativo a Dona María Isabel Álvarez Diéguez, Don Antonio Montero Martínez e a Don Gonzalo Doce Vergara, alcaldesa e concelleiros de Terra Galega en Valdoviño, respectivamente.
Si ben un dos principios básicos de Terra Galega é a autonomía municipal, os actos dos nosos afiliados ou representantes xamas poderán ir en contra dos Estatutos e os principios ideolóxicos do noso Partido:  “Os principios ideolóxicos" que han de rexer a acción política de Terra Galega son os seguintes:
1.- TERRA GALEGA potenciará a identidade nacional de Galicia, definindo noso país como unha comunidade diferenciada que defenda os nosos intereses históricos, culturais, lingüísticos, económicos en pé de igualdade e equilibrio con outros pobos do Estado español, de Europa e do mundo.”

En Narón a 30 de maio de 2009.

Xermán Tobío
Secretario Xeral

Link: TEGA






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=327