Os socialistas critican a actitude do PP
Fecha Viernes, 29 mayo a las 10:49:02
Tema PHP-Nuke


O Partido Socialista de Cedeira acusa ao PP de impedir a participación da cidadanía nos plenos municipais. O pasado martes alumnos do IES Punta Candieira asistiron a unha sesión plenaria como parte final duns obradoiros, feitos en colaboración coa Fundación Lonxanet, que o alcalde suspendeu ante as interrupcións da oposición.

O Partido Socialista de Cedeira lamenta que, unha vez máis, o Partido Popular “revente” as intervencións dos veciños da vila nas distintas sesións plenarias. Segundo apuntan os socialistas, dende o grupo de goberno acordouse dende o principio do mandato permitir as intervencións da cidanía nos plenos. Pero, ata o de agora, segundo explican, os responsables do PP sempre abandonaron o salón plenario antes de producirse unha destas intervencións.

Así as cousas, o pasado martes alumnos do instituto cedeirés Punta Candieira asistiron ao pleno local para presentar aos responsables municipais as conclusións dunha serie de obradoiros sobre protección do medioambiente que se fixeron en colaboración con persoal da Fundación Lonxanet.

Lamentablemente os rapaces do IES non puideron coñecer nada do que fan desde a administración municipal en favor da sustentabilidade, o patrimonio cultural ou o entorno natural, xa que o alcalde e presidente da Corporación, José Luis Vergara, viuse na obriga de suspender a sesión, logo de que esta se caracterizase polas “trifulcas, interrupcións e falta de respecto polos intervintes” por parte do portavoz dos “populares” e ex alcalde da vila, Leopoldo Rubido, e demáis responsables da súa formación.Para os socialistas esta actitude responde a un interés por parte do PP de “reventar a participación libre da cidanía nos órganos de poder do Concello”. Por outra banda, o rexedor municipal comprometeuse cos estudantes a remitirlles por escrito o que se fai desde o Concello en materia medioambiental.Ademais desta actitude lamentable en presenza de rapaces da vila, outra cuestión que suscitou debate no transcurso do pleno do martes foi o punto cuarto da orde do día, no que se daba conta do inicio das obras de rehabilitación do casco vello cedeirés -que se fai con cargo ao FEIL-. Segundo os socialistas, o concelleiro do PP, Leopoldo Rubido, dixo que rehabilitar o casco antigo de Cedeira “é malversar fondos públicos”.

Asemade Rubido engadiu que o alcantarillado está ben e propuxo que cos cartos do Fondo Anticrise habería que facer unha residencia da Terceira Idade no Palacete.Os socialistas entenden que o voceiro do Partido Popular debe explicar aos veciños “cómo unha rede non separativa de alcantarillado, construída con lastras, é capaz de evitar filtracións de fecais á ría”. Tamén piden que lles explique por qué deben soportar humidades que veñen das vellas rúas da vila antiga ou as fugas de auga de traídas abandonadas.

Os socialistas tamén preguntan aos “populares” pola súa oposición á incorporación na zona da rede de fibra óptica ou polo feito de que se deixe feita a preinstalación do futuro gas cidade, cuestións todas que dependen destas obras que xa deron comezo. Dende as filas socialistas consideran que “a intervención que levará a cabo o actual goberno de progreso na zona antiga da vila porá ao descuberto unha nefasta política de Leopoldo Rubido no casco antigo”.

Link: DFONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=323