Memoria Histórica Democrática
Fecha Jueves, 28 mayo a las 18:03:51
Tema PHP-Nuke


Memoria Histórica Democrática crea unha páxina web coa lista dos represaliados de Ferrolterra

Os 2.709 nomes de persoas represaliadas (fusilados, encarcerados, procesados ou paseados ) de Ferrol e comarca entre 1936 e 1970 aparecen desde onte na páxina web creada por Memoria Histórica Democrática de Ferrol, unha asociación privada que preside Manuel Agustín Fernández Pita.

A Pita, que estivo auxiliado tecnicamente por Xoán Porto, levoulle dez anos recoller toda esta docmentación, aínda que aínda quedan grandes áreas por investigar. Así, o libro de rexistro do castelo de San Felipe , o principal cárcere e centro de fusilamento que funcionou na ría durante a Guerra Civil e anos posteriores, desapareceu.
O presidente de Memoria Histórica explicou que a primeira relación de represaliados da que se valeu corresponde á reunida polo historiador Xosé Manuel Suárez, que supera os 800. «Logo comecei a cruzar esta relación de nomes con outras como as do historiador Enrique Barreira», di. Máis tarde, os dos libros de Eliseo Fernández.
A páxina (www.memoriahistoricademocrática.org) recolle tamén as actas dos dous congresos realizados por esta asociación ferrolá e o primeiro libro de relatos de historias de familias que foron vítimas da represión, co título de Retallos I .
Pronto sairá o segundo, con outra serie de relatos e cando se acabe a venda do libro en papel pasará tamén á páxina web.



Un servizo Pita explicou tamén que esta iniciativa de Memoria Histórica pretende ser un servizo de información para as familias ou calquera interesado. Igualmente pídese que calquera persoa que queira achegar novos datos, corrixir os existentes ou participar na iniciativa non ten máis que porse en contacto coa asociación a través de Internet. á beira de cada nome da relación de represaliados pode verse o número da causa, se é que a vítima foi procesada en calquera tipo de xuízo ou consello de guerra, para facilitar tamén o acceso a esta docmentación.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=319