O Aula de Música trasladarase a Piñeiro
Fecha Miércoles, 27 mayo a las 11:04:15
Tema PHP-Nuke


A partir do próximo ano, todas as actividades do aula de música de Cedeira desenvolveranse no histórico edificio Escolar do Piñeiro, no centro da vila. Esta é a intención municipal despois de que fóra durante o presente curso escolar cando se puxese en marcha o Aula de Música da localidade nun edificio anexo á gardería municipal. Agora, segundo o concelleiro de Cultura, Xermán Tobío, o Concello quere trasladar ao «centenario edificio» o ensino musical ademais da a Banda de Música de Cedeira, a de Gaitas e a Orquestra de Acordeóns Robaleira, actualmente situadas no edificio da confraría.


© 2009 - La Voz de Galicia


O Escolar do Piñeiro, duns 600 metros cadrados, acolle desde fai un ano os ensaios de grupos locais de folk e rock, entre outros, unha iniciativa que, segundo Tobío, contribuíu «a dinamizar este tipo de músicas en Cedeira cun incremento de demandantes de salas de ensaio». Deste xeito, o Concello estima que as novas dependencias darán servizo a 250 persoas entre alumnos do Aula de Música, as distintas agrupacións e os grupos musicais locais.

Actualmente, preto de 180 alumnos con idades comprendidas entre 3 e 56 anos reciben clases no Aula de Música de Cedeira. Os máis pequenos, segundo explica Tobío, «están iniciándose na música mentres que a maioría dos adultos prepárase para acceder ao Conservatorio».

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=317