Hoxe clausúrase a mostra “O tempo das mulleres”
Fecha Miércoles, 27 mayo a las 11:52:55
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira, a través da Concellería de Cultura e do Banco de Tempo, celebra hoxe o acto de clausura da exposición fotográfica “O tempo das mulleres”.
Un traballo a través do cal a poboación da vila se puido achegar aos diferentes oficios e profesións desempeñados polas mulleres deste termo municipal, compaxinándoos coas tarefas que lles foron asinadas tradicionalmente por ser mulleres, como o coidado do fogar, dos fillos, etc.
A través da mostra quíxose tamén reflectir a inestimable aportación que co seu traballo e esforzo fixeron as mulleres da vila, “contribuíndo a que Cedeira sexa o que é hoxe en día”, tal e como salientan desde a área de Cultura.

O acto, que será aberto á cidadanía en xeral, dará comezo ás 20.30 horas no Auditorio municipal de Cedeira.

Link: DFONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=316