Cedeira viaxará no tempo
Fecha Martes, 26 mayo a las 12:09:24
Tema PHP-Nuke


O vindeiro 29 de agosto a vila de Cedeira viaxará 2.500 anos no tempo para celebrar na praia da Magdalena a I Festa Celta do Lugnasad, unha das citas máis importantes do calendario celta. Di a tradición que esta data era na que os nosos ancestros aproveitaban para celebraban as vodas.


© Diario de Ferrol 2009

Era durante o Lugnasad cando as parellas comprometían o seu amor e a pasar o inverno xuntos, xa que o compromiso celta debe renovarse ano a ano durante a celebración do Lugnasad ou no Beltaine (outro rito da tradición celta que ten lugar en maio). O druida e impulsor da festa, Aneiros dos Artabros, será o encargado de oficiar estas vodas nas que se misturan os catro elementos: terra, mar, lume e aire. Un ritual que segundo explica Aneiros “debe celebrarse despois da posta de sol” e no que “tanto homes como mulleres teñen os mesmos dereitos”. Trátase dun ritual breve que remata cos noivos bebendo do grial a poción máxica.


O druida cedeirés leva máis de quince anos percorrendo diferentes lugares da xeografía galega e española celebrando o Lugnasad. Agora, chega a Cedeira coa intención de converter esta festa nun rito tan arraigado na vila como xa o é o Samaín, unha das festas de orixe celta con máis tradición no pobo. Ademais, co tempo, non descarta a idea de recuperar as outras dos festas importantes do calendario celta: o Imbolc (ritual da fertilidade que ten lugar no mes de febreiro) e o Beltaine (a festa do lume novo que se celebra en maio). Polo momento xa hai unha ducia de parellas dispostas a darse o “sí, quero” pola tradición celta o 29 de agosto en Cedeira. Os namorados proceden de toda España. Os hai de Madrid, Murcia, Cantabria, Santiago e diferentes puntos da comarca. Ademais, segundo conta Aneiros, unha das parellas anotadas leva vinte e cinco anos casados polo rito cristián e celebrarán as vodas de prata renovando os seus votos na praia da Magdalena. Os únicos requisitos necesarios para participar do casamento do Lugnasas é acudir á festa vestidos con roupa da época e anotarse previamente a través da web www.galiciamagica.com. No mail debe indicarse o nome dos noivos, idades e un teléfono de contacto. Pero, a Festa Celta do Lugnasad é moito máis que casamentos. Antigamente os clanes reuníanse para comerciar, festexar e marcar o gando. Algo parecido acontecerá o vindeiro 29 de agosto en Cedeira xa que desde primeira hora do día a praia da Magdalena encherase de actividades e xogos propios da época, música e gastronomía. Asarase un xabarín e os mariñeiros da vila cociñarán para a ocasión sardiñas e xuleros. Haberá pasarrúas, concentración de cabalos e a banda de gaitas de Cedeira encargaranse de animar a xornada coa súa música. Xa pola noite, e unha vez celebradas as vodas, unha queimada popular porá o punto e final á I Festa Celta do Lugnasad en Cedeira.Link: DFONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=310