Alumnos do IES Punta Candieira asisten hoxe a un particular pleno municipal
Fecha Martes, 26 mayo a las 10:55:52
Tema PHP-Nuke


O pleno municipal do Concello de Cedeira contará esta tarde cuns invitados de excepción, alumnos do IES Punta Candieira, que lerán no transcurso da sesión unha "carta cara ou futuro".

Esta iniciativa é froito dunha serie de talleres que os alumnos foron realizando no centro escolar nos últimos meses da man da Fundación Lonxanet, unha institución que conta cunha traxectoria de sete anos traballando na implicación de pescadores artesanais en proxectos humanos, empresariais e ambientais, co obxectivo de lograr procesos de cambio nas comunidades de pesca artesanal, desde onde si se realizan iniciativas de pesca sustentable e de protección do medio ambiente e mariño.

Así pois, no transcurso dos talleres antes mencionados, financiados pola Fundación ICO, tratáronse cos alumnos aspectos como a protección do medio ambiente, o mundo mariño, a posta en valor do patrimonio cultural de poboacións costeiras e cuestións relacionadas coa solidariedade e cooperación entre persoas de distintas latitudes.

Como resultado desa aprendizaxe lograda nos talleres, unha representación dos alumnos do instituto cedeirense asistirá hoxe ao pleno municipal para dar boa conta de todo o aprendido nos ciclos e pedir unha maior implicación dos políticos e axentes socioeconómicos en todo o que teña que ver co desenvolvemento sustentable.

Os estudantes exporán as súas propostas ao alcalde e os concelleiros para que tomen nota e actúen en consecuencia.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=309