A SINATURA - Por Diego Rodríguez Piñón
Fecha Lunes, 25 mayo a las 17:31:26
Tema PHP-Nuke


Andrés ronda os cincuenta anos de idade, e como tantos outros, perdeu o seu traballo no sector da construcción. A finais do ano 2008, mentras procuraba atopar algunha alternativa laboral, veu como se esgotaban as prestacións por desemprego ás que tiña dereito. Resistíase a crer que el non atoparía nada con que gañar o seu sustento e o da súa familia. Non lle gustaba a idea, pero cando non tivo máis remedio acudeu ó seu concello para tramitar unha renda de integración social de Galicia.

A denominada RISGA, que xestiona a Xunta a través da Consellería de Traballo e Benestar, é unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituido por un conxunto de accións tendentes á mellora da integración persoal, familiar, social, e se é o caso, laboral da persoa beneficiaria.

As solicitudes desta prestación triplicáronse nos últimos tempos -abundan os casos como os de Andrés- e o número de traballadores que os tramitan segue sendo o mesmo, poucos. Para máis inri os expedientes están paralizados.

Andrés leva case seis meses sen resposta. O persoal tramitador está á espera da sinatura que designe a quen debe, á súa vez, asinar as resolucións que procedan.

Moitas familias esperan e desesperan por unha carta que non acaban de recibir nos seus buzóns.

Se chegou o momento, por Andrés, polos demais, asinen xa e a traballar.

© 2009  Diego Rodriguez Piñón  Diario de Ferrol


Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=306