Gañadora nun concurso de educación viaria
Fecha Viernes, 22 mayo a las 10:51:22
Tema PHP-Nuke


A alumna Lida Crespo Seco, do centro de educación especial Apader, de Cedeira, resultou unha das gañadoras da oitava edición do concurso de educación viaria "Cidade de Lugo", que cada ano, desde fai oito, convoca o Concello desta cidade.

A alumna do centro cedeirense competía na categoría de Educación Especial, entregándose premios noutras catro modalidades, que se correspondían con distintos cursos escolares. Así pois, Lida Crespo logrou quedar clasificada en segundo lugar, por detrás dunha estudante de Pontevedra.

A composición desta alumna cedeirense trata sobre a importancia de atender á sinalización viaria que sofre continuas modificacións ao complicarse cada vez máis a circulación de vehículos e o tránsito peonil.

O acto de entrega dos premios desta edición, á que concorreron 28 centros educativos de toda Galicia, terá lugar o próximo día 30 de maio no Parque de Tráfico López Mella de Lugo e estará presidido polo alcalde da cidade das murallas, José López Orozco. Ademais da entrega de obsequios todos gozarán dun programa de actividades que se desenvolverá durante todo o día.

Os menores premiados recibirán diferentes galadrones -varían segundo categorías de competición- ente os que se contan computadores portátiles, bicicletas e cascos, mini cadeas musicais e trofeos.

Esta non é a primeira vez que un alumno de Apader obtén un premio neste certame, xa que hai dous anos outro alumno do mesmo fíxose co primeiro posto.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=300