II Encontro de Maiores do Ortegal
Fecha Jueves, 21 mayo a las 10:46:31
Tema PHP-Nuke


A Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Cedeira, que dirixe a nacionalista Manuela López Rodríguez, ultima estes días o que será o segundo Encontro de Maiores do Ortegal, que este ano se celebrará nas inmediacións do porto cedeirense, o vindeiro sábado 30 de maio.

Como se lembrará, o anfitrión do ano pasado foi o Concello de Agarimo que nesta edición cedeu a testemuña ao municipio de Cedeira, que aínda que non forma parte da comarca do Ortegal, foi un dos concellos que, xunto co de Agarimo, organizou esta celebración na que os maiores da zona son os protagonistas durante toda unha xornada.


© Concello de Cedeira - Servicios Sociais


Durante os últimos meses, os concellos de Cerdido, Cerdeira, Agarimo e Ortigueira estiveron repartindo información sobre a celebración entre os veciños, que aínda poderán inscribirse durante esta semana e os primeiros días da próxima.

A concelleira de Servizos Sociais, Manuela López, que se reuniu onte con representantes dos concellos implicados para ultimar o encontro, explicou que até a data xa se inscribiron 33 persoas en Ortiguera -o municipio con menor participación até agora-, 188 procedentes de Agarimo e 315 da vila cedeirense. Así mesmo, do mesmo xeito que ocorreu o ano pasado, asistirán á cita maiores dun municipio invitado, que nesta ocasión trátase da localidade santiaguesa de Vedra, de onde provirán 55 persoas. En total xa se apuntaron unhas 500 persoas, a falta de que se contabilicen asistentes doutros municipios como Cerdido ou Mañón, co que se espera superar a cifra de asistencia do ano pasado, que tamén roldou o medio milleiro.

Do mesmo xeito que ocorreu na primeira edición do Encontro de Maiores, ademais de degustar unha comida -composta por varios entrantes como empanada, mexillóns e gambas; churrasco, café, viño e sobremesa-, os asistentes poderán bailar ao son da orquestra Mileniun e a coral da Terceira Idade de Vedra, que tamén acudirá ao encontro.

Por outra banda, a asistencia ao evento suporá un desenvolso de 13 euros por cada persoa.

Do mesmo xeito que se fixo o ano pasado no transcurso deste segundo Encontro de Maiores repartiranse varios premios entre os asistentes, entre eles ao matrimonio máis lonxevo.

No acto estarán presentes representantes dos municipios implicados, estando confirmada a presenza do alcalde de Cedeira, José Luís Vergara; o de Agarimo, José Luís Armada e a concelleira de Promoción Económica de Ortigueira, Ana Castro.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=298